Letras Galegas 2018

Publicado el

 

Presentamos o programa de actividades que se levará a cabo na Semana das Letras Galegas 2018

    1. OBRADOIRO ABERTO de “María Victoria Moreno” no que crearemos unha tarxeta escalonada

Mércores, 16 de maio entre as 18:00 e as 20:00h

Aberto para todas as idades.

Vestíbulo da Biblioteca

   2.  A RADIO NAS LETRAS

Obradoiro de Radio Infantil Xuvenil

Para nenos/as de 8 a 12 anos

Datas: 20 e 27 de abril, e 4 e 11 de maio

Horario: 18:30 a 20:00 h.

 

Círculo Literaro de Son

Para maiores de 18 anos

Datas: 25 de abril, 2, 9 e 16 de maio

Horario: de 17:00 a 19:00 h.

Sala Manuel López

  3. ENTREGA DOS PREMIOS DO VII CONCURSO #140 EN POSITIVO

Mércores, 16 de maio ás 19:00 h

Sala César Antonio Molina

 

   4. OS FONDOS DIXITAIS DA BIBLIOTECA: Coñéceos e úsaos

Anotarse en Información: enviando correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981080176

Martes, 15 de Maio ás 19:00 h.

   5. MOSTRA BIBLIOGRÁFICA E GUÍA DE LECTURA dedicada a María Victoria Moreno

De maio a xuño

Vestíbulo da Biblioteca

Podes ver a entrada completa en: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/maria_victoria_moreno-letras_galegas_2018/

  6. MARÍA VICTORIA MORENO NA VOZ DA MOCIDADE: programa de radio

Venres, 11 de Maio ás 19:00 h na Sala Manuel López

 Programa de radio aberto ao público, feito por pequenos e pequenas, arredor da figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.

 

Reportaxes na rúa, entrevistas, relatos… son só algúns dos ingredientes que contén o programa de radio resultante dun obradoiro, organizado pola Deputación da Coruña, que se desenvolveu ao longo do mes de maio na Biblioteca Provincial. Este programa empezará ás 19.00 da tarde e a entrada é libre ata completar aforo.

Pequenos e pequenas de entre 7 e 12 anos serán as voces protagonistas deste programa no que compartirán o aprendido sobre María Victoria Moreno, dun xeito diferente, a través do medio radiofónico. Moreno é a figura sobre a que xirou o obradoiro, no que a mocidade participante achegouse á súa obra. Este proceso fíxose a través de dinámicas creativas que fomentaron a imaxinación  dos/das participantes e o seu interese pola obra da autora. Cómpre lembrar que María Victoria Moreno adicou a meirande parte da súa obra ao público infantil e xuvenil, publicando obras como `Leonardo e os Fontaneiros´ou `Eu conto, ti cantas´.

Para completar este percorrido pola obra da escritora, neste programa poderán escoitarse voces autorizadas na materia como a do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, a da autora Eli Ríos ou o primeiro gañador do I Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil, Antonio Fraga, entre outras.

Ademais, o programa contará coa presenza en directo da editora Andrea Jamardo responsable da colección `Mulleres Bravas´ de Urco Editora, proxecto que inclúe unha biografía dirixida á mocidade sobre María Victoria Moreno escrita por Eli Ríos e ilustrada por Eva Agra.

O Laboratorio de Radio, dirixido polos comunicadores Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, foi o proxecto promotor deste obradoiro e será o encargado da realización deste programa no que pequenos e pequenas serán os/as protagonistas ao poñer voz a un guión, feito por unha redacción nova con vontade de espallar a figura de María Victoria Moreno, a través da radio.

7. BOLETÍN DE NOVIDADES DE LIBROS ELECTRÓNICOS EN GALEGO – LETRAS GALEGAS 2018

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña adquiriu unha colección de preto de 100 obras en galego, que completan aquelas xa dispoñibles anteriormente nas plataformas de préstamo de libros electrónicos.

O boletín de novidades está dispoñible aquí: https://www.slideshare.net/Bibliotecadicoruna/boletn-de-novidades-electrnicas-letras-galegas-2018

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *