#LeoAutorasOct e Día das Escritoras

Publicado el
A BNE celebra este 18 de outubro  de 2021 a sexta edición do Día das Escritoras, que organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas para reivindicar o traballo e o legado das escritoras ao longo da historia.

A comisaria é  a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema elexido é “Leer las edades de la vida”.

Así o explica a comisaria no seutexto de introducción: “Nuestra primera biblioteca fue de aire, en forma de canto o de cuento. En forma de palabras que se hilaban las unas a las otras e iban despertando nuestra diminuta conciencia. Madres, abuelas, tías. Maestras. Amigas. Y en el viaje del tiempo, éramos niñas, adolescentes, jóvenes, mujeres maduras; ya éramos ahora, todas juntas, porque los libros habían ido recogiendo nuestras edades. Las edades de la vida. Una biblioteca en el corazón. Día de las escritoras

Este ano, por primera vez, se leranse  textos de escritoras vivas como Rosa Montero, Fanny Rubio, Elena Poniatowska o Susanna Rafart e incorporaranse textos de teatro e ensaio.

Ao mesmo tempo, con motivo desta data celébrase nas redes sociais durante todo o mes de outubro a iniciativa #LeoAutorasOct, que xurdiu dun grupo de twitteiras ao atopar grande desigualdade entre o número de escritores e escritras que se lían ao ano. Decidiron así que desde as redes sociais incitarían a que neste mes de outubro se lese só escritoras. Podes seguir a iniciativa no Twitter no perfil @leoautoras.
Anímaste?
Pola nosa banda, cada día durante o mes de outubro, promocionaremos a unha escritora, a través dun título dispoñible nos fondos da Biblioteca Provincial e unha pequena cita cada día. Podes ver as recomendacións na Axenda da páxina web e nas redes sociais da Biblioteca: No Twitter, no Facebook e no Instagram.
Animámoste a seguir a iniciativa lendo a escritoras, pero non só todo o mes, senón incluso todo o ano.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *