Lemos “Insolación” de Emilia Pardo Bazán no EbiblioDaCoruna Club

Publicado el

Mañá 11 de xuño comezamos a lectura de “Insolación”, de Emilia Pardo Bazán, magnífica no seu tratamento da personaxe feminina e que estivo rodeada de polémica cando veu a luz, polo tratamento dos valores morais e a hipocrisía da sociedade perante a aventura sexual dos dous protagonistas. Unha das escritoras máis relevantes da nosa literatura e que segue estando de actualidade.
Invitámosvos a seguir a lectura no club de lectura dixital EbiblioDaCoruna, ao que se pode unir calquera persoa usuaria de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, e da propia Biblioteca da Deputación, dándose de alta no Préstamo electrónico. Se aínda non o usas, únete de balde aquí: Alta no préstamo electrónico
Se tes as túas claves, podes acceder ao club aquí: Club EbiblioDaCoruna

 

Se queres máis información sobre o funcionamento do club, entra aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *