CURSO DE LEGO WEDO (Presencial)

Publicado el

Para nenos e nenas de 7 e 8 anos.

 

WeDo é a plataforma educativa máis sorprendente e divertida para iniciarse na robótica e na programación. Os kits teñen máis de 150 pezas, un motor, un sensor de inclinación e outro de distancia, proporcionándonos miles de horas de diversión e aprendizaxe.

 

Horario: sábados de 10:30 a 12:00 h

Lugar: Sala Infantil e Xuvenil

Datas do curso: os seguintes sábados:

  • 23 de outubro
  • 6, 13, 20 e 27 de novembro
  • 11 e 18 de decembro
  • 8, 15 e 22 de xaneiro

 

INSCRICIÓN

Poden inscribirse todas as persoas socias na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Lego WeDo (ter o carné da biblioteca á man).

A páxina «Inscrición nas actividades TIC» non aparecerá ata o día 18 de outubro ás 10:30 h da mañá. Se a partir desa hora non a ves, refresca a páxina.

Reservaranse 5 prazas para facer a inscrición por teléfono no 981 080 171 o 18 de outubro de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos).

Nuns días, ás persoas que obtivesen praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listas de agarda coas persoas non admitidas.

12 prazas. Reservarase unha praza por neno ou nena (agás irmáns)

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal

 

Os cursos son totalmente gratuitos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.

 

Comunicamos que a Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria.

Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todas as persoas que asistan o cumprimento das normas establecidas.

Programa lego wedo outono 2021

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *