Lego Wedo, Programación e Robótica e Ciberseguridade

Publicado el

 

  1. CURSO DE LEGO WEDO 

Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos

Prazas: 15

DÍA: os sábados

HORARIO: de 10:30 a 12:00 h

LUGAR: Sala Infantil e Xuvenil

 

DATAS DO CURSO:

  • 19, 26 de outubro
  • 9, 16, 23 e 30 de novembro
  • 14 de decembro
  • 11 de xaneiro de 2020

 

2. TALLER DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN

Dirixido a nen@s de 9 a 14 anos

Prazas: 15

DÍA: os sábados

HORARIO: de 10:30 a 12:30 h

LUGAR: Sala Manuel López

DATAS DO TALLER:

  • 19, 26 de outubro
  • 9, 16, 23 e 30 de novembro
  • 14 de decembro
  • 11, 18 e 25 de xaneiro de 2020

3. TALLERES  “Eu ♥  Ciberseguridade”

Talleres de sensibilización sobre o uso seguro e responsable das TIC impartidos en colaboración co Servicio de Europe Direct da Deputación da Coruña

 Os obxetivos de estes talleres son: Aprender e identificar os principais riscos asociados ao uso das TIC e cales son os medios para previr e afrontar calquera ameaza de seguridade dixital. Dotar a pais, nais e titores dos coñecementos básicos para poder acompañar aos menores no seu contacto coas TIC e das ferramentas para abordar esta tarefa nas mellores condicións. Fomentar o coñecemento dixital e sensibilizar á cidadanía sobre a relevancia da formación en habilidades dixitais para a inserción no mercado laboral.

3.1 TALLERES PARA MOZOS DE 9 A 14 ANOS

Coa finalidade de aprender e identificar os principais riscos asociados ao uso do TIC e cales son os medios para previr e afrontar calquera ameaza de seguridade dixital.

Realizaranse dúas edicións (15 prazas dispoñibles en cada unha). Os talleres terán dúas sesións semanais de 2 horas de duración.

  • Primeira edición: 18 e 25 de outubro, de 17:30 a 19:30 h.
  • Segunda edición: 8 e 15 de novembro, de 17:30 a 19:30 h.

 

     3.2 TALLERES PARA ADULTOS

Dirixido a pais/nais ou outros familiares de persoas novas, ou que se relacionen habitualmente coa mocidade por razóns profesionais (educadores, técnicos de información xuvenil…).Co obxectivo de dotar dos coñecementos básicos para poder acompañar aos menores no seu contacto co TIC e das ferramentas para abordar esta tarefa nas mellores condicións.

Organizaranse dúas edicións (20 prazas dispoñibles en cada unha). Estes talleres terán unha sesión única de 2 horas de duración.

  • Primeira edición: 25 de outubro de 17:30 a 19:30 h.
  • Segunda edición: 15 de novembro de 17:30 a  19:30 h.

 

INSCRICIÓN

Poden inscribirse  todos os sócios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e premendo en Inscrición nas actividades TIC.

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o  1 de outubro ás 10:00 h da mañá.

Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.

Os cursos son totalmente gratuitos.

Todas os nen@s que non asistan o 1º día ou falten dúas veces (sexa ou non a falta xustificada) quedarán excluídas da actividade.

 

Programa TIC outono 2019. Biblioteca Provincial da Deputación

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *