Lee en dixital

Publicado el

EBOOK DICORUNA e ODILO TK

Son as plataformas gratuítas de préstamo de libros electrónicos, películas, audiolibros e outros materiais dixitais, que a Deputación da Coruña pon en servicio para todas as persoas usuarias das bibliotecas municipais da provincia e para os da propia Biblioteca Provincial.

Podes ler desde o móbil, tableta, ordenador, libro electrónico…

PODES DARTE DE ALTA SE…

  • Tes, polo menos, 15 años.
  • Es usuario/a da biblioteca da Deputación da Coruña ou dalguna biblioteca municipal da provincia da Coruña.
  • Dispós dunha conta de correo electrónico.
  • Tes un ou máis dispositivos para ler (ordenador persoal, libro electrónico, móbil, tableta…).

COMO PODES LER

  • Se o exemplar está dispoñible, podes prestalo no momento premendo no botón de Prestar.
  • Podes prestar ata 2 materiais por 21 días, e non se poden renovar.
  • Cando venza o préstamo, non é preciso devolvelos, xa que desaparecerán automáticamente da túa conta.
  • Podes reservar ata 2 libros simultaneamente. Cando o que reservaches estea dispoñible, recibirás unha mensaxe de correo electrónico, e tes 48 horas máximo para prestalo.
  • Cada libro electrónico só admite un máximo de 5 reservas.

CÓMO ACCEDER UNA VEZ INSCRITO/A

Plataforma EBOOK DICORUNA: http://ebook.dicoruna.es
1. Recibirás dúas mensaxes de correo electrónico: unha informándote da túa inscrición, e outra para que introduzas o teu contrasinal e accedas.
2. Accede desde Internet no ordenador, tableta ou teléfono en http://ebook.dicoruna.es ou descarga a app gratuíta eBook DiCoruna (dispoñible na Play Store e na Apple Store).
3. Podes buscar no catálogo por título, autoría, ISBN, materia…; ver as novidades, os máis prestados, reservar libros…
Plataforma ODILO TK: https://ebibliodacoruna.odilotk.es
1. Recibirás unha mensaxe de correo electrónico co teu usuario e contrasinal e a ligazón para acceder.
2. Accede desde Internet no ordenador, tableta ou teléfono en https://ebibliodacoruna.odilotk.es o descarga la app gratuita OdiloApp (dispoñible na Play Store e na Apple Store).
3. Podes buscar no catálogo por título, autoría, editorial, materia, ISBN, data de publicación…; ver as novidades, os máis prestados, reservar libros…

 

Queremos chegar a cada persoa, e ti que disfrutes das mellores lecturas!

Se tes algunha dúbida no funcionamento, lembrámosche que podes poñerte en contacto coa biblioteca  escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

Díptico informativo plataformas

Guía de uso das plataformas

Guía_plataformas_galego

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *