Lectura de “Los pacientes del doctor García”, de Almudena Grandes

Publicado el

Mañá comeza a lectura de “Los pacientes del doctor García” de Almudena Grandes, na sala Compartiendo lecturas do Club Lector.

 

O pasado 12 de febreiro comezou a funcionar o EbiblioDaCoruna Club Lector, o club virtual para todos os lectores das bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

O día 25 rematamos de ler “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste”, de Manuel Rivas, e mañá día 28 comezaremos a ler “Los pacientes del doctor García”, de Almudena Grandes, último Premio Nacional de Narrativa.

Para unirte, só necesitas un dispositivo con conexión a Internet (móbil, ordenador, tableta…) e ter claves da EbiblioDaCoruna, o servizo de préstamo dixital. Se non as tes, son de balde, e podes darte de alta aquí: Alta no préstamo electrónico

Se xa utilizas EbiblioDaCoruna, só tes que acceder ó club coas mesmas claves e comezar a seguir a lectura: EbiblioDaCoruna Club

Tes información sobre o funcionamento do club aquí: Cómo funciona EbiblioDaCoruna Club

Se tes dúbidas, escríbenos a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chámanos ao 981 080 176.

Anímate e únete á lectura, podes ler, comentar e participar desde calquera lugar e en calquera momento. Como nos expresou Manuel Rivas no vídeo para a presentación do EbiblioDaCoruna Club, compartir a lectura significa compartir os soños.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *