Las democracias suicidas

Publicado el

La democracia, esa permanente búsqueda de una sociedad más justa, está en peligro, quizá porque no se supo arraigarla bien. Sus amenazas se multiplican: la crisis de los partidos políticos, de la política misma y sus representantes, la corrupción, la crisis de identidad, la demagogia, la estupidez, la propaganda a través de las redes sociales, la vulgaridad, la falta de fe en cualquier asunto espiritual, o el abandono del estado hacia sus conciudadanos a los que siempre debería proteger y no dejar en manos de los especuladores… Todo ello provoca la debilidad de los regímenes democráticos, cada vez más a la deriva. Históricamente no han durado mucho, y nunca ha habido una democracia que no se suicidara.”

Nota de solapa de Las democracias suicidas y otros escritos de política, de César Antonio Molina.

 

O pasado mes de febreiro publicouse un novo libro escrito por César Antonio Molina: Las democracias suicidas y otros escritos de política onde, ademais de textos inéditos, ímonos a atopar algúns artigos xornalísticos divulgados anteriormente en publicacións de prestixio como El País, El Mundo, ABC Cultural ou a Revista de Occidente. Os textos están agrupados en dous grandes bloques: “A nosa democracia suicida” e “As democracias suicidas” e onde o autor aborda temas tan dispares como a influencia da educación na sociedade e os valores democráticos ou a obsesión actual por aniquilar as ideas contrarias.

Non é o primeiro libro no que César Antonio Molina aborda temas políticos: no seu libro La caza de los intelectuales afronta a cuestión do trato dado aos pensadores por parte do poder e de como interactúan cultura e política ao longo da historia en todo o orbe, xa sexa para ben ou para mal. Con todo, Las democracias suicidas y otros escritos de política será a primeira obra onde o autor faga estas reflexións expresamente sobre a política recente, ás veces apoiando o seu discurso sobre un pasado non moi afastado no tempo, para explicar e contextualizar as súas ideas. Trátase sen dúbida dunha introversión e meditación profunda sobre o tempo que lle tocou vivir.

Neste libro César Antonio Molina móstranos outra das caras da súa obra literaria tan polifacética, que abarca desde poesía, prosa, literatura de viaxes, novela, crítica literaria e de cinema ata o ensaio, tratando o tema da política dos últimos tempos, narrada desde a experiencia dunha persoa que a viviu desde o seu interior e coñece todas as reviravoltas do poder. Con artigos xornalísticos de gran calidade, o autor descóbrenos as súas cavilacións e meditacións, sobre o estado actual da democracia e a nación, utilizando unha prosa que é xa característica nos seus escritos de opinión: culta, aguda e expositiva, non dubida en utilizar elementos culturalistas creando similitudes co pasado histórico e filosófico, creando unha obra, que non só convida a reflexionar, senón tamén a ler e gozar dos recursos estilísticos dun escritor de primeiro nivel.

Está dispoñible para préstamo na Sala de Préstamo e Información (signatura 3K/1093) e para consulta na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany (signatura SM 32 MOL dem).

One thought on “Las democracias suicidas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *