La Fortuna: Amenábar á abordaxe do caso Odyssey

Publicado el

“…César Antonio Molina además era un ministro que llegó al Ministerio con la idea de que la cultura es lo que nos representa en el mundo y lo que conforma un país. Y es el que tomó la decisión, a pesar de que había mucha gente en el Gobierno que no lo veía claro… Al final fue una decisión basada en el criterio de los expertos, pero tomada por el ministro”.

CORRAL, Guillermo. En: “Los protagonistas reales de «La Fortuna» descubren el origen de la serie de Amenábar

 

Cando alá por finais de 2018 anunciabámosvos que Paco Roca e Guillermo Corral acababan de publicar “El Tesoro del cisne negro”, sabiamos tamén que Alejandro Amenábar se puxo a traballar nunha miniserie baseada neste cómic en canto caeu nas súas mans. Non é para menos, xa que a trama, baseada nos feitos reais do caso Odyssey, ten todo o necesario para crear un thriller dos que che deixan cravado no asento: espías, tesouros, barcos afundidos, piratas, ataques por sorpresa, a loita nos tribunais contra unha gran empresa polo que é unha causa xusta e unha boa dose de política.

Hoxe, tras tres anos de espera, podemos anunciarvos que “La Fortuna”, tras o seu paso polo Festival Internacional de San Sebastián, estreouse o pasado xoves día 30 en Movistar Plus cun capítulo dobre, dos seis que narran esta interesante historia, que nos mostra como desde o Ministerio de Cultura loitouse por recuperar o patrimonio expoliado á fragata Nuestra Señora de las Mercedes por parte dunha empresa cazatesouros norteamericana, creando así, por primeira vez, unha base legal que permite aos países protexer o patrimonio achado en augas internacionais. Unha loita pola dignidade nacional e a cultura na que o Ministerio de César Antonio Molina foi pioneiro.

Pero, canto se axusta a serie á realidade? No arquivo persoal conservado na sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da biblioteca conservamos moita documentación relacionada co caso, dossieres de prensa facendo un seguimento de cada un dos pasos seguidos polo Ministerio para a recuperación do tesouro achado na fragata e mesmo documentos confidenciais entregados polo CNI a César Antonio Molina como máximo responsable na recuperación do tesouro expoliado.

Desde a Biblioteca Provincial, animámosvos a ver “A Fortuna”: unha pequena superproducción ao máis puro estilo Spielberg, na que non se escatimou orzamento e onde poderemos ver unha marabillosa aventura que nos mostra a cara máis persoal e máis familiar dos nosos funcionarios e das nosas institucións. Unha aventura que xa forma parte da nosa historia máis recente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *