Ida Vitale gañadora do Premio Cervantes 2018

Publicado el

Hueca columna altísima,

La vida.

Pero a ras de tierra, dentro

-como en un nido oscuro una paloma-,

la esperanza.

Vitale, Ida: Léxico de afinidades.

 

Inscrita na tradición das vangardas latinoamericanas, Ida Vitale, á que lle foi concedido o premio por ser a súa linguaxe “un dos máis recoñecidos en español”, caracterízase polos seus poemas curtos, que se enmarcan dentro da poesía esencialista.

 

Foi profesora de Literatura ata 1973, cando a ditadura a obrigou a exiliarse en México durante unha década. Alí, formou parte do consello asesor da revista Vuelta, impulsada por Octavio Paz, e foi unha das persoas cofundadoras do semanario Uno-Más-Uno, en 1982. En 1984 regresou a Uruguai, onde dirixiu a páxina cultural do semanario Jaque, e en 1989 trasladou a súa residencia a Austin (Texas, EE UU), desde onde volveu recentemente ao seu país. Á poesía dedicou a súa vida, aínda que tamén foi xornalista, tradutora e crítica literaria.

 

Vólvese a romper esta vez a regra non escrita do Instituto Cervantes, este ano “tocaba” autor español, pero a escritora uruguaia conseguiu o máximo galardón das letras en español por unanimidade do xurado, que recollerá da man dos Reis o día 23 de abril de 2019, día en que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes.

“Los españoles están igual de locos que en la época de la conquista”: é o que lle dixo Vitale a José Guirao, ministro de Cultura, cando lle comunicou o fallo, agradecida pola cantidade de premios que recibe deste país: o García Lorca en 2015 e o Reina Sofía en 2016. Ademais, este sábado recollerá en Guadalajara (México) o Premio FIL de Literatura en Linguas Romances.

 

Ida Vitale é a quinta muller recoñecida por este premio que foi concedido a 40 homes. Ademais, tendo en conta que este ano non houbo Premio Nobel de Literatura, o recoñecemento cobra especial relevancia para o mundo das letras.

 

 

 

Autoría da fotografía: Pdx123 en Wikipedia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *