I Congreso Internacional sobre os Dereitos de Autor e a Propiedade Intelectual

Publicado el

“La aportación del escritor debería ser reconocida como una contribución al futuro de la sociedad y merece protección a través de los Derechos de Autor”

Mario Vargas Llosa.

 

Os pasados 7 e 8 de xuño, coincidindo coa Feira do Libro de Madrid, celebrouse na Biblioteca Eugenio Trías o I Congreso sobre os Dereitos de Autor e a Propiedade Intelectual, dirixido por César Antonio Molina e promovido pola Universidad Europea e o bufete Cremades & Calvo-Sotelo Abogados.

Baixo a premisa de que sen creadores é imposible que haxa arte, o Congreso pretende iniciar un punto de debate entre creadores, grandes personalidades da política e xuristas, para crear un marco de diálogo e traballo conxunto de ata 12 mesas redondas e relatorios e busca alertar á opinión pública sobre o que é ser escritor nos nosos días.

 

Con personalidades da altura de Mario Vargas Llosa, premio Nobel de Literatura; Darío Villanueva, Director da Real Academia Española; Dimiter Gantchev, Vicepresidente da Organización Mundial de Propiedade Intelectual; Marco Giorello, Xefe da Unidade de copyright da Comisión Europea; Javier Cremades e Rafael Catalá Polo, Ministro de Xustiza nese momento, entre outras, debatéronse diferentes aspectos dentro do ámbito dos Dereitos de Autor, como son a influencia da dixitalización e a tecnoloxía nos medios de comunicación, as descargas ilícitas, as garantías aos dereitos de autor dentro da nova Directiva Europea, os dereitos de propiedade intelectual en traballos de investigación dentro do eido universitario e o marco legal que no noso país ampara estes dereitos.

As conclusións das dúas xornadas de debates foron recollidas nun documento e posto ao servizo da Administración, os medios de comunicación e a sociedade civil, para favorecer o debate e a concienciación á cidadanía da importancia da propiedade intelectual e os dereitos de autor.

 

Aquí podes ver a entrevista de Cremades & Calvo-Sotelo a Mario Vargas Llosa con motivo do Congreso:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *