#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (8ª ed.)

Publicado el

Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía. Ademáis de este premio, entre os participantes de cada concello sortearanse un lote de libros e productos da provincia. 

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu concello, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental… calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!

Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estén localizadas no teu concello, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos peroais. Consulta antes as bases completas con atención!

En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación. Agardámoste!

 

Bases completas do concursoBases do concurso #hoxeescriboen 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

3 thoughts on “#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (8ª ed.)

  1. Gustaríame saber se é preciso estar empadroada en calqueira dos concellos da Coruña (nas bases non o acalara) ou o acceso e libre sempre e cando se cumplan os requisitos das bases?
    Gracias e un saúdo

  2. Pode participar libremente calquera persoa que cumpra coas bases (maior de idade, relato e fotografías dun concello da provincia da Coruña, etc.). Agardamos a túa participación!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *