Historia dunha amizade e un chapeu

Publicado el

“La de Vila-Matas en su conjunto conforma una literatura autónoma, de gran originalidad, que crea su propia tradición en territorios dominados casi masivamente por el realismo. De todos modos, una literatura como la suya que despedaza muchos de los códigos conocidos abriría brechas insospechadas en cualquier literatura y lengua de la que se tratase. El suyo es un proyecto literario sumamente coherente que avanza en el tiempo con una mezcla de fuerte cohesión y dialéctica interna, libro tras libro.”

Monmany, Mercedes: “Enrique Vila-Matas: excavando en el foso de Babel”.

Como nos indica Mercedes Monmany, Vila-Matas, do mesmo xeito que César Antonio Molina, é un escritor inclasificable dentro da literatura española. As súas obras non se axustan a ningún rexistro, a ningún estereotipo literario.

Nado en Barcelona en 1948, exíliase a París en 1968, buscando maior liberdade creativa. Comeza a traballar como xornalista en revista “Fotogramas”. Posteriormente, empeza no mundo da escritura con ‘La asesina ilustrada’  (1977), pero darase a coñecer no ámbito internacional con ‘Historia abreviada de la literatura portátil’ (1985). Tras isto viría unha ampla produción literaria con moitos e diversos títulos: ‘Una casa para siempre’ (1988), ‘Suicidios ejemplares’ (1991), ‘Hijos sin hijos’ (1993), ‘Lejos de Veracruz’ (1995), etc. O seu recoñecemento definitivo como un dos meirandes escritores españois virá no século XXI, cando os premios se multiplican con obras ‘El viaje vertical’ (2000), ‘Bartleby y compañía’ (2001), ‘El mal de Montano’ (2002) y ‘París no se acaba nunca’ (2003), etc.

Entre outros, recibiu os premios internacionais Rómulo Gallegos, un dos premios máis importantes de narrativa en lingua castelá, o premio Médicis de Francia e o FIL de Literatura en Lenguas Romances. A súa obra foi traducida a máis de trinta idiomas.

Co seu tradutor ao francés, André Gabastou, e coa crítica Mercedes Monmany

A relación de Enrique Vila-Matas e a súa muller, Paula Massot, con César Antonio Molina e Mercedes Monmany vén de moi atrás e continúa ata os nosos días. No seu arquivo persoal temos correspondencia que comeza a principio dos anos 80, época en que se coñeceron nos faladoiros literarios barceloneses do cinema Astoria e do Bikini. Desgraciadamente, daqueles primeiros anos, só temos fotografías en actos máis ou menos oficiais, pero por fortuna existe Twitter, de onde puidemos tomar prestada a imaxe compartida por Daniel Gascón na que aparecen Ignacio Martinez Pisón, Vila-Matas, César Antonio Molina, Paula Massot e o propio Gascón xogando ao fútbol. A relación persoal entre as dúas parellas de escritores continúa a día de hoxe sen interrupcións:

Ademais de en distintos actos literarios, Vila-Matas e César Antonio Molina coincidiron tamén nos libros, así podémonos atopar títulos nos que aparecen escritos de ambos, como “La vida puede ser una lata” ou “Oscura turba de los más raros escritores españoles”.

 

Enrique Vila-Matas, César Antonio Molina e Mercedes Monmany nunha fotografía recente.
Presentación de «Dublinesca»: Ignacio Martínez de Pisón, Luis Martín-Santos, Marcos Giralt Torrente, César Antonio Molina e Mercedes Monmany; Mónica Martín, a axente de Enrique; a escritora francesa Muriel Barbery; Elena Ramírez, directora de Seix Barral; Nahir Rodríguez, Txell Torrent, María Jesús de Elda e Paula de Parma, a muller de Enrique.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre os nosos fondos cabe destacar a enorme cantidade de postais que Enrique Vila-Matas envía a Mercedes Monmany desde os máis remotos recunchos do mundo para engrosar a súa colección, a gran cantidade de libros dedicados e unha prolífica correspondencia.

Carta de Enrique Vila-Matas e Félix Romeo a Mercedes Monmany

 

E adiantámosvos unha curiosidade: Enrique Vila-Matas firma case sempre cun chapeu. Desde a Biblioteca Provincial animámosvos a consultar estes fondos, para que, como nós rematedes quitándovos o chapeu ante Vila-Matas.

 

 

 

Engadimos dúas novas nas que se pon de manifesto a relación entre os escritores:

La Opinión: La revista de bares de Vila-Matas

ABC Cultural: Enrique Vila-Matas: «Me gusta sentirme extranjero incluso en mi propio país»

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *