Abrimos a semana coas medidas sanitarias que entraron en vigor a pasada semana, polo que a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña permanecerá pechada ao público ata o 17 de febreiro, pero os servizos e actividades virtuais seguen en marcha. Se precisas información ou formación do funcionamento da Biblioteca Dixital Ebibliodacoruna ou do Club de Lectura Dixital EbibliodacorunaClub atenderémosche telefónicamente para que poidas facer uso so servizo coa maior celeridade posible. Únete e disfruta sen ter que moverte da túa casa a unha colección de preto de 5000 recursos, a prensa diaria e lecturas que actualizamos cada semana.
Pide cita previa https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/?idCliente=8 , déixanos os teus datos de contacto e chamarémosche por teléfono no horario que nos indiques.
#ebibliodacoruna #ebibliodacorunaclub #clubdixital #ebiblio #bibliotecas #ACoruña #chegamosacadapersoa
Cita Previa: https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/?idCliente=8