Manuel López

Manuel López (ML)

Manuel López Rodríguez (1946-) é un fotoxornalista coruñés, editor gráfico, profesor, autor e ex-fotógrafo de prensa.
Foi director da versión española da revista Photo e fundador da revista Foto Profesional, posteriormente chamada Revista Foto. A súa biblioteca persoal, composta por máis de 4.000 volumes e un cento de revistas é un referente en Galicia e en España de todo o relacionado co mundo da fotografía.
A colección (non prestable) pode consultarse a través do catálogo da biblioteca.
A Sala Manuel López, na que se sitúa a súa biblioteca persoal tamén se emprega para actividades do centro.