Luis Seoane

Luis Seoane (LS)

descargaLuis Seoane López (1910-1979)  home poliédrico destaca como gravador, debuxante, pintor e escultor.

Fixo o bacharelato na Coruña, onde participou na actividade política e cultural estudantil, e exerceu de avogado laboralista.

Foi membro do Partido Galeguista.

A mediados dos noventa, a partir dos fondos conservados por Maruxa Seoane  viúva de Seoane e impulsora da difusión da súa obra, creouse a Fundación Luis Seoane na Coruña, que realiza e promove mostras sobre a súa obra e a súa época.

Dos fondos da súa biblioteca persoal que está na Biblioteca Provincial (case 400 obras), podemos destacar a súa monografía sobre Xosé Eiroa (BM/3230), ou o exemplar numerado da obra de Martín Torrado, Santo da barba dourada (BM/3564) cun facsímile dun gravado en buxo do século XVI de Santiago sedente.