Familia Brocos

Familia Brocos (P-48,49,50)

A familia Brocos era oriúnda das terras medias do Ulla e durante moitas xeracións estivo vinculada aos poderosos condes de Altamira, a quen serviu como labradores e criados. O pai de Isidoro traballou para estes nobres como pintor de coches e carruaxes, na Vila e Corte de Madrid, durante a primeira metade do século XIX e, posteriormente, como porteiro no palacio que os condes posuían no centro de Santiago de Compostela. Alí viviu coa súa familia, formada pola súa segunda esposa Juana Gómez, os seus fillos Isidoro, Filomena e Modesto e o seu irmán Juan que era escultor de certo prestixio.

Unha familia de artistas. Tres dos fillos de Eugenio Brocos herdaron as habilidades artísticas da familia, aínda que Filomena acabase dedicándose de maneira total ao maxisterio. Isidoro e Modesto ( bolseiro da Deputación da Coruña) completaron a formación artística que iniciaran no seo familiar, na Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, onde destacaron polas súas cualidades innatas.

Resultado de imagen de Isidoro BrocosIsidoro e Modesto relevantes artistas do Renacemento galego. Modesto foi pintor, e Isidoro escultor, gravador e debuxante de gran talento, caracterizouse polo seu interese en levar á arte a representación dos temas populares da súa terra. Tamén foi profesor durante moitos anos na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde tivo como alumno a Pablo Picasso.

Na biblioteca están 99 partituras musicais da súa biblioteca persoal.