Destacamos

– Ab ipso ferro

 

Nova en “La Gaceta” e tarxeta de congresista de César Antonio Molina

 

Ab ipso ferro, procede da tradución da Oda 4.4 de Horacio, onde o poeta expón que os romanos emerxen das súas derrotas con forzas renovadas, do mesmo xeito que a aciñeira rebrota con vigor redobrado ao ser podada a ferro.

Bien como la ñudosa

carrasca, en alto risco desmochada

con hacha poderosa,

del ser despedazada

del hierro torna rica y esforzada;

Fray Luis de León: Oda a Felipe Ruiz

Estatua de Fray Luis fronte á Universidade

Fray Luis viviu unha vida convulsa, chea de persecucións a pesar de gustar da vida tranquila e austera. Nunha época onde as universidades escaseaban e cuxas oposicións ás cátedras de Teoloxía eran unha mostra máis das loitas existentes entre os agostiños e os dominicos, naquel entón patróns da Inquisición (ca. 1560), Fray Luis e outros dous novos catedráticos da Universidade de Salamanca foron denunciados á Inquisición pola tradución do Cantar dos Cantares do hebreo a lingua vulgar e por preferir a tradución hebrea da Biblia, sobre a Vulgata. Os tres serían encarcerados durante o proceso, e finalmente absoltos, pero un deles morrerá no cárcere e o outro retirarase da vida académica. Só Fray Luis volverá á súa cátedra tras cinco anos de cativerio, comezando a súa primeira clase como o fixo sempre, cun “Decíamos ayer…”.

Aula onde Fray Luis impartía a súa cátedra, conservada intacta

Ab ipso ferro será o emblema que Fray Luis de León adoptará á fronte das súas obras impresas tras saír de prisión. Ab ipso ferro é tamén o nome do Congreso Internacional de Poesía Fray Luis de León co que a Universidade de Salamanca homenaxeou a este autor no marco das Celebracións do VIII Centenario da Universidade, emulando ao II Congreso de Poesía celebrado en 1953, en La Flecha, onde se atopaba o mosteiro agostiño, e no que estiveron presentes os mellores vates do momento: Blas de Otero, Leopoldo Panero, Gerardo Diego, José Manuel Caballero Bonald, etc.

Copia da antoloxía do Congreso de 1953
Restos do Mosteiro de La Flecha

Nese mesmo lugar estiveron esta vez César Antonio Molina, Antonio Colinas, Andrea Bernal, Carmen de Silva, Manuel Lanseros, José Ramón Ripoll, Eloy Sánchez Rosillo e moitos outros referentes do mundo da poesía para crear unha nova antoloxía poética e renderlle homenaxe a Fray Luis case 500 anos despois.

Unamuno en La Flecha

Ao mesmo tempo, a Universidade de Salamanca tomará as súas palabras para a celebración do VIII Centenario, que se engloba baixo o slogan: “Decíamos ayer… diremos mañana”. Sen dúbida, aínda a día de hoxe, Fray Luis  de León segue renacendo Ab ipso Ferro

Programa do Congreso e información para os congresistas
Poema de Isabel Bernardo con motivo do Congreso
Colofón do poema de Isabel Bernardo

– O Apóstolo Santiago na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Xa que estamos a celebrar a festividade de Santiago Apóstolo, queremos facervos partícipes dos interesantes fondos que podedes consultar na biblioteca de César Antonio Molina e Mercedes Monmany:

  • Coma por exemplo, o libro de José Tono Martínez: Hijos del trueno : mitos y símbolos en el camino de Santiago, onde este antropólogo e doutor en Filosofía nos fala de que: “el Camino excede el propio mito de Santiago Apóstol y su traslación misteriosa a Iria Flavia, adquiriendo autonomía propia y convirtiéndose en una hierofanía singular”. Fálase tamén da tantas veces comentada posibilidade de que os restos sexan de Prisciliano e non do Apóstolo Santiago, ou incluso de Merlín. A óptica desde a que se trata o tema é próxima á mitoloxía comparada.

 

 

 

  • Logo tamén consideramos interesante a obra coordinada por José López-Calo: Los instrumentos del Pórtico de la Gloria : su reconstrucción y la música de su tiempo, especialmente agora que se ten rematado o proceso de restauración desta xoia do románico, que a partir deste venres poderá ser visitada polo público.
    Precisamente tratando deste proxecto de reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria, tendes tamén un vídeo no que se explica o proceso: https://www.youtube.com/watch?v=xRCR7dO8K7g

 

 

 

  • Coma curiosidade, estaría a edición en alemán da obra de Gonzalo Torrente Ballester: Compostela y su ángel = Santiago de Compostela Ein Pilgerlesebuch, con unha dedicatoria autógrafa do autor, datada no 2007. Obra que na súa versión orixinal fora un encargo da editorial Afrodisio Aguado, no ano 1948, de escribir un libro con motivo do Ano Santo. Torrente escribe aquí sobre a Cidade xacobea, a súa historia, as súas pedras, os seus personaxes e os seus misterios.

 

  • Outro libro que pode resultar interesante de consultar e ollar, pola beleza das súas ilustracións, é o que recolle a exposición do debuxante asturiano Alfredo González, no Museo das Peregrinacións e de Santiago: Alfredo debuxa o Camiño. Neste libro o artista, cos seus lapis e láminas plasmou capelas, igrexas, mosteiros, pero tamén pequenos pobos solitarios, que espertan da súa letarxia cando os peregrinos chaman ás súas portas. É o caderno de bitácora do debuxante, na súa peregrinaxe desde Saint Jean Pied de Port, entre finais de agosto e principios de setembro de 1991.

 

 

  • E finalmente incluimos nesta selección o libro do investigador e escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996): El libro de Santiago, que orixinalmente foi publicado no ano 1948 pola Editorial Nacional, pero que nós temos nunha edición de luxo da Deputación da Coruña, do ano 1989, cunha breve introducción do entón presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda e con debuxos de Xosé Sesto. Libro ao que lle dedicou un artigo en La Opinión o museólogo, arqueólogo e historiador Felipe Senén: https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2012/07/22/o-libro-santiago/629880.html

 

 

 

Como xa comentabamos, todas estas obras poden ser consultadas na biblioteca César Antonio Molina e Mercedes Monmany, situada no segundo andar da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, e a continuación reproducimos os seus rexistros bibliográficos:

AUTOR: Tono Martínez, José
TÍTULO: Hijo del trueno : mitos y símbolos en el Camino de Santiago / José Tono Martínez
PUBLICACIÓN: [Madrid] : Evohé Didaska, 2015
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 172 p. ; 23 cm
MATERIA: Mitos y leyendas – Camino de Santiago
CLASIFICACIÓN: 398.2(914.4+914.6 Camino de Santiago)
ISBN: 9788415415664

SIGNATURA: S 398 TON hij

 

 

TÍTULO: Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria : su reconstrucción y la música de su tiempo / coordinación, José López-Calo ; [traducción de los textos de y al inglés, Keith Ammerman]

PUBLICACIÓN: La Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2002
DESCRIPCIÓN FÍSICA: v.<2> : il. col. y n. ; 29 cm
MATERIA: Catedral de Santiago de Compostela
MATERIA: Instrumentos musicales – S. XII
MATERIA: Instrumentos musicales en el arte
MATERIA: Música religiosa – Santiago de Compostela – S. XII
AUTOR SECUNDARIO: López Calo, José, coord.
NOTA: Texto en español e inglés
CLASIFICACIÓN: 681.81″11″(0:73)
CLASIFICACIÓN: 726.6(461.11Santiago)
CLASIFICACIÓN: 783.033.4(461.11Santiago)
ISBN: 84-9752-008-4

SIGNATURA: S 72 INS

 

 

AUTOR: Torrente Ballester, Gonzalo
TÍTULO: Santiago de Compostela : ein pilgerlesebuch / Gonzalo Torrente Ballester ; mit einem nachwort von Javier Gómez-Montero ; unter leitung von Victor Andrés Ferretti ; in zusammenarbeit mit Karina Gómez-Montero
PUBLICACIÓN: Kiel : Ludwig, [2007]
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 205 p. ; 21 cm
COLECCIÓN: Band ; 3
AUTOR SECUNDARIO: Gómez-Montero, Javier, ep.
AUTOR SECUNDARIO: Ferretti, Victor Andrés, dir.
AUTOR SECUNDARIO: Gómez-Montero, Karina, col.
CLASIFICACIÓN: 821.134.2-94″19″
CLASIFICACIÓN: 821.134.4-94″19″
ISBN: 978-3-937719-54-2

SIGNATURA: SD 860-94 TOR san

 

 

AUTOR: González, Alfredo

TÍTULO: Alfredo debuxa o camiño = Alfredo dibuja el camino = Alfredo draws the camino / textos, Ignacio Carrión…[et al.]
PUBLICACIÓN: Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, 2009
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 82, 75 p., [96] h. de lám : il. col. y n. ; 25 cm
MATERIA: Camino de Santiago – Descripción
MATERIA: Camino de Santiago – Dibujos
AUTOR SECUNDARIO: Carrión, Ignacio
NOTA: Texto en gallego, inglés y español
CLASIFICACIÓN: 914.4+914.6 Camino de Santiago
CLASIFICACIÓN: 914.4+914.6 (0:74)
ISBN: 978-84-453-4824-6

SIGNATURA: S 74 GON alf

 

 

AUTOR: Filgueira Valverde, Xosé
TÍTULO: El Libro de Santiago / José Filgueira Valverde ; ilustraciones de J. Sesto
PUBLICACIÓN: A Coruña : Diputación Provincial, 1989
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 337 p. : il. ; 35 cm
MATERIA: Santiago Apóstol – Culto – Galicia
AUTOR SECUNDARIO: Sesto, J., il.
AUTOR SECUNDARIO: A Coruña (Provincia). Deputación Provincial, ed.
CLASIFICACIÓN: 235.3 Santiago Apóstol (461.1)
CLASIFICACIÓN: 929 Santiago Apóstol
ISBN: 84-86040-35-3

SIGNATURA: S 235 FIL lib

 

 

– Eugenio F. Granell na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

“Eugenio Fernández Granell nació en La Coruña en el año 1912, sin embargo a él le hubiera gustado que sucediese un año después. «Me gusta mucho el número 13. Para mí es un número de buena suerte. Yo no soy supersticioso. Como decía una amigo mío “yo no soy supersticioso porque eso trae mala suerte”. Cuando me enteré una vez que naciera en el 12, quedé muy fastidiado, me llevé un pequeño disgusto. No porque tuviese un año más, sino porque no había nacido en el 13. Pero luego sumé los números: 1, 9, 1 y 2. Dan exactamente 13. Eso me dejó muy satisfecho»”

Molina, César AntonioGranell por sí mismo

Non é de estrañar que César Antonio Molina e Eugenio F. Granell (1912-2001) mantivesen unha relación epistolar intensa, xa que son moitas as facetas que lles unen: non só naceron na mesma cidade, senón que ambos foron políticos, escritores, xornalistas, directores de diversas publicacións e amantes da cultura e a liberdade.


A Granell tocaríalle vivir en tempos convulsos: dunha infancia sosegada na Coruña pasou a entrar en política debido as súas fortes conviccións trotskistas e, posteriormente, a ser combatente republicano nas filas do POUM, perseguido tanto polo exército fascista como polos seus propios camaradas, que abrazaron o Stalinismo. Finalmente, tivo que partir ao exilio pasando por diversos países (Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico e por último Estados Unidos). Non será ata 1985 cando regrese a España, falecendo en 2001 aos 88 anos.

Primeiro diario editado por Eugenio F. Granell

Granell declárase a si mesmo surrealista, entendendo como tal non unha técnica pictórica, senón un modo de pensamento que abarca todas as facetas da vida. Dentro dese marco, serán moitas as actividades nas que destaque: pintor, ilustrador, músico, xornalista, narrador e poeta foron algunhas das súas múltiples ocupacións. Personaxe de vangarda, será lembrado sobre todo polas súas obras pictóricas.

Na Sala de César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca Provincial atópanse, ademais de numerosas cartas entre Eugenio F. Granell e César Antonio Molina, varios libros dedicados por el, orixinais mecanografados e con anotacións manuscritas da infinidade de artigos que César Antonio Molina escribiu sobre Granell, catálogos das súas exposicións pictóricas, moitas delas dirixidas por Molina, correspondencia con outras persoas en relación a recoñecementos ao autor e, por suposto, unha ampla colección de obras literarias.

– Facsímile do Lazarillo de Tormes

Na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany, situada no segundo andar do edificio da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, podedes atopar curiosidades coma a edición facsímile do Lazarillo de Tormes atopado en 1992 dentro das paredes dunha casa en Barcarrota (Estremadura).

Nunha nova do diario El País do 19 de decembro de 1996, fálase de que esta edición confirma que a obra foi escrita coma unha falsa carta e que carecía de puntuación.

Trátase dunha edición que ata o achado era descoñecida, datada en Medina do Campo no ano 1554.

 

Nesas mesmas paredes apareceron tamén outras dez obras, nove impresas e unha delas un manuscrito descoñecido: La cazzaria, de Antonio Vignali, diálogo obsceno do que había algunhas edicións do século XVI.

O propietario da biblioteca debía de ser un reformista, ou un converso, ao tratarse de obras consideradas perigosas para a época, textos que foron perseguidos pola censura do período, que chegaron a figurar nos índices de libros prohibidos elaborados pola Inquisición, non só a española, senón tamén a portuguesa.

 

Poida que a razón do ocultamento fose precisamente unha inspección inquisitorial, non querendo o dono dos documentos destruílos.

 

A Xunta de Estremadura foi a que promoveu a adquisición e salvagarda de todos estes documentos, poñéndoos ao mesmo tempo a disposición dos estudosos mediante un programa de restauración e edición facsimilar. Este programa coñeceuse co nome de “Biblioteca de Barcarrota”, e iniciouse, precisamente, coa edición facsimilar do Lazarillo.

 

 

 

Trátase dun exemplar encadernado en pergameo, extraído das páxinas dun libro de coro.

Pódese consultar na Sala e está localizable na signatura SE 860-31 VID

 

 

– Jiménez, Juan Ramón: Diario de un poeta recién casado : 1916. Huelva : Point de Lunettes, 2008. ISBN: 978-84-96508-23-1

        SD 860-1 JIM dia

Juan Ramón Jiménez

Foi gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, polo conxunto da súa obra, designándose como traballo destacado da mesma a narración lírica “Platero y yo”. Pero o seu libro predilecto de entre todos os que compoñen a súa obra sempre foi “Diario de un poeta recién casado”, libro que marcou un antes e un despois na literatura española. O exemplar que se atopa na sala César Antonio Molina non está dedicado polo autor, pero con todo, trátase dun exemplar único, xa que foi impreso especialmente para César Antonio Molina, naquel entón Ministro de Cultura, nunha edición sumamente coidada.