César Antonio Molina e Mercedes Monmany

César Antonio Molina (SM/D)   Resultado de imagen de cesar antonio molina

César Antonio Molina Sánchez (1952-) é un escritor e
político coruñés. Foi Ministro de  Cultura entre 2007 e 2009, e director do Círculo de Belas Artes de Madrid, do Instituto Cervantes e da Casa do Lector da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Na actualidade  é socio e dirixe o Departamento de Derecho de la Cultura no Bufete Cremades & Calvo-Sotelo Abogados.
César Antonio Molina e a súa muller Mercedes Monmanyescritora e crítica literaria doaron no ano 2005  á Deputación da Coruña e á súa cidade natal, A Coruña, á que considera como parte da súa familia, a gran biblioteca e arquivo persoal  que foron atesourando ao  longo dos anos.
Esta sala bibliográfica e documental do legado de César Antonio Molina e Mercedes Monmany está a disposición dos lectores e investigadores coruñeses na segunda planta da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
Despois de que todos os libros fosen catalogados e referenciados. A sala está en continuo crecemento e chegan continuamente obras novas ao fondo bibliográfico.

Entre as obras doadas destacan primeiras edicións de autores da Xeración do 27 e unha ampla colección de obras de crítica e teoría literaria, ademais de manuscritos dalgunhas obras do autor e xestor cultural coruñés, correspondencia epistolar con outros escritores, centos de exemplares dedicados, e obxectos persoais .

 

Na colección  encóntranse tamén numerosas obras de filosofía, arte, antropoloxía, cine e catálogos compilados en todo o mundo, ademais de valiosos obxectos persoais como a Medalla de Cabaleiro as Artes e as Letras de Francia, ou a Medalla de Carlos III, entre outras distincións.

Na entrada da Biblioteca contamos cun expositor permanente dedicado a esta doazón e este legado.