Carlos Martínez Barbeito (MB)
Carlos Martínez-Barbeito y Morás (1913-1997) foi un escritor coruñés.
- Estudou Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coñeceu a Federico García Lorca, nunha visita que este fixo a Galicia.
- Tras a Guerra Civil, foi crítico literario de Radio Nacional de España en Barcelona.
- Foi secretario xeral da Metro Goldwin Mayer en España.
- En 1980 regresou á Coruña, onde foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, entre 1984 e 1988.
- Martínez – Barbeito foi un gran bibliófilo, chegando a reunir 13.000 volumes.
- Deses 13.000 volumes, na biblioteca temos 2.086, accesibles a través do catálogo.
Entre as súas obras destacan:
- El Arte en Galicia: vista general (FGA/247 Ded. autógr. del autor)
- El Archivo de Madariaga en la Coruña (MB/Fol/62)
- Azabaches de la Colección Martínez-Barbeito (MB/Fol/132)
- Bibliografía gallega de genealogía y heráldica (FGA/158 Ded. autógr. del autor) (MB/260)
- Catálogo de la Colección Martínez Barbeito de libros, folletos impresos de todas clases y manuscritos referentes a Galicia: que pertenece a la Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. (MB/1906/1-3).