FLIV 2021

Publicado el

Como mencionan na páxina web do II Festival Virtual do Libro de Galicia, o ano pasado que lembraremos como o de parón de case toda a actividade, parou tamén a cultura en certos formatos, nomeadamente nos que implicaban presencialidade e reunión de persoas. Nesa complicada tesitura o mundo lector e editorial reaccionou e dou lugar ao FLIV20, «como resposta a un tempo especial que ninguén querería ter pasado», servindo de escaparate para as persoas autoras, editoras, tradutoras e ao final como un modo de conexión coas persoas lectoras.

Este ano, o FLIV21 desenvólvese do 26 ao 28 de marzo adiantándose no tempo respecto ao ano pasado. Segundo comentan na súa páxina, lembraranse as efemérides máis senlleiras (Marcial Valladares, Xela Arias, Emilia Pardo Bazán). Haberá recitais, mesas redondas, poderanse ver as novidades editoriais no Escaparate, haberá conversas con autoras, etc.

Se queredes acceder a todo o programa dos tres días e seguilo, premede na seguinte ligazón para acceder á Feira: FLIV21

Lembrade que todas as accións son en formato dixital, polo que se pode acceder de balde a través da internet.

No Escaparate poderedes atopar novidades editoriais da Feira, que poderás atopar nas librarías do teu pobo. Aproveitamos para animarte a que acudas á túa libraría habitual para que te fagas cos exemplares que che interesen, e así apoiar ao sector. Na seguinte ligazón podes atopar a web da Federación de Librarías de Galicia: Librarías

As bibliotecas tamén formamos parte do sector libreiro, mercando libros, recomendando e difundindo autoras e obras, conmemorando efemérides e apoiando en xeral ao sector editorial. Podes ler máis obras dos autores e autoras que participan na Biblioteca. Por exemplo, as seguintes obras do Escaparate telas dispoñibles:

GAL/4368 (Sala 1)

GAL/16978

GAL/17653 (Sala 1) e na EbiblioDaCoruna

GAL/6026

Na EbiblioDaCoruna

GAL/17608 ( Sala 1)

GAL/17664 (Sala 1)

GAL/17471

GAL/17668 (Sala 1)

Ademais, tamén vai presentacións dos seguintes libros, que podes atopar tamén na Biblioteca:

N ESM pat / v, e na EbiblioDaCoruna

GAL/17634 (Sala 1)

N RIV can / v, e na EbiblioDaCoruna

 

Ademais, hai unha homenaxe especial a Marcial Valladares, Emilia Pardo Bazán e Xela Arias, xa que este ano cúmprense os 200 anos do seu nacemento, o centenario do seu falecemento e a homenaxe polo Día das letras galegas, respectivamente.

Podes atopar varias obras destes persoeiros e estudos sobre a súa vida e obra na Biblioteca, en formato físico e tamén algúns materiais en formato dixital na EbiblioDaCoruna.

Por outra banda, participan escritoras e escritores dos cales podes atopar moitas obras nas librarías e tamén na Biblioteca: Suso de Toro, Inma López Silva, Berta Dávila, Eva Mejuto, Armando Requeixo, Antía Yáñez, Carlos Negro, Marilar Aleixandre…

Accede aquí ao Programa completo.

Deixámosche a ligazón ao noso catálogo e á EbiblioDaCoruna.

A Deputación da Coruña é colaboradora institucional da FLIV.

 

Non perdas a oportunidade de asistir e participar neste Festival. Accede!

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *