Feliz San Valentín!

Publicado el

Fai tempo que o 14 de febreiro se celebra San Valentín. Pero sabes por qué, ademais, é o Día dos namorados?

Ao parecer, aínda que as fontes son variables e non moi fiables, Valentín foi un sacerdote romano católico que viveu no século III, e celebraba matrimonios de soldados en segredo, opoñéndose á prohibición do emperador Claudio II, que pensaba que os soldados solteiros e sen familia eran mellores na profesión.

Así, Valentín foi xulgado e condenado a morte por desacato e rebeldía, sendo executado un 14 de febreiro.

Séculos máis tarde a Igrexa Católica incluiría a este mártir no santoral, e a lenda e o seu papel oficiando matrimonios convertiuno no patrón dos namorados, sendo unha conmemoración estendida por toda Europa.

Temos que saber que ademais deste Valentín, hai outros dous santos co mesmo nome no santoral católico.

Para conmemorar a data, na Biblioteca atoparás unha selección de propostas en varias seccións:

  • Na Fonoteca poderás escoller entre unha selección de clásicos da gran pantalla.
  • Na EbiblioDaCoruna agárdante as novelas románticas recentes que máis te engancharán.
  • Na sección de Préstamo preparamos unha serie de propostas fóra do fío temático clásico desta data. Feliz San Valentín sí, pero… a quen? Descúbreo no recuncho temático…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *