Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Que non pare o conto!

1 julio, 2020 - 31 agosto, 2020

Para lectores e lectoras de entre 12 e 17 anos.

Este verán no que non podemos viaxar tanto coma outros anos, queremos coñecer que vas ler e onde. Así que envíanos unha foto e entra no sorteo dunha tableta. É moi sinxelo:

Primeiro

Elixe a túa lectura e o teu lugar favorito para ler, dentro da provincia da Coruña. Que sexa ben fotoxénico porque querémolo publicar!

Segundo

Pide a alguén que che faga unha foto lendo nese lugar especial. Envíanos esa foto a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal xunto co teu nome e apelidos, un teléfono de contacto, o libro que estás a ler e a súa autoría, e o lugar no que estás a ler. Envía tamén a autorización asinada que ven a continuación.

Terceiro

Entre todas as persoas que participedes sortearemos unha tableta en setembro.

Lembra que a foto que mandes ten que cumprir as bases e que precisamos a autorización asinada para poder participar.

Descarga aquí as bases e a autorización: Bases Que non pare o conto 2020

Detalles

Comienza:
1 julio, 2020
Finaliza:
31 agosto, 2020
Etiquetas del Evento:
, , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca