Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra bibliográfica: Un concello, unha muller, un libro

2 marzo, 2018 - 31 marzo, 2018

Do 2 de marzo ó 30 de abril, no vestíbulo da Biblioteca. Entrada libre en horario de apertura da Biblioteca: luns a venres de 8:30 a 20:30, e sábados de 9:00 a 14:00 h. Domingos pechado.

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, cando, segundo a ONU, as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu día. Con este motivo desde a Biblioteca Provincial da Coruña, entre cuxos obxectivos está dar apoio á provincia e ós concellos da Coruña, homenaxéase a tódalas
mulleres da provincia a través dunha pequena escolma, en concreto unha por cada concello. Trátase de recoller figuras de tódalas idades,
xa sexa que estén en activo, xubiladas, que se dedican a outra profesión daquela das que eran coñecidas, ou falecidas. Ó mesmo tempo, en relación con cada unha delas destácase un libro de entre os fondos da Biblioteca, ben por ser obra desa muller, por recoller a historia do colectivo ou achegar unha aportación que axude a completar a visión tradicional desde outra perspectiva.

Detalles

Comienza:
2 marzo, 2018
Finaliza:
31 marzo, 2018
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca