Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra bibliográfica Día das Bibliotecas 2020

23 octubre, 2020 - 22 noviembre, 2020

O 22 de xuño de 2019 o Pleno da Real Academia Galega acordou en sesión ordinaria homenaxear a Ricardo Carballo Calero (que dende o ano 1981 asinaba as súas obras como Carvalho Calero) no Día das Letras Galegas de 2020.

Porén, debido ás circunstancias nas que nos atopabamos en maio de 2020, cando debía celebrarse a homenaxe, a institución decidiu atrasar a celebración ata o 31 de outubro de 2020.

Por outra banda, a BNE celebra este ano o 19 de outubro (sempre é o luns máis próximo ao 15 de outubro) o Día das Escritoras, e durante todo o mes de outubro nas redes sociais ten lugar a campaña #LeoAutorasOct.

Aproveitando a feliz coincidencia na mesma franxa temporal a homenaxe ás escritoras coa conmemoración adiada do Día das Letras Galegas dedicada este ano a Carvalho Calero, e coa celebración do Día Mundial da Biblioteca, realizamos unha mostra bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca sobre as escritoras da provincia da Coruña seleccionadas xunto con obras do homenaxeado polo Día das nosas Letras.

Catálogo da mostra: Mostra bibliográfica Día das Bibliotecas 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca