Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

María Victoria Moreno na voz da mocidade. Letras Galegas 2018

11 mayo, 2018 @ 7:00 pm - 8:30 pm

 

Este venres  11/05/2018 na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña  ás 19.00, terá lugar un programa de radio aberto ao público, feito por pequenos e pequenas, arredor da figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.

 

Reportaxes na rúa, entrevistas, relatos… son só algúns dos ingredientes que contén o programa de radio resultante dun obradoiro, organizado pola Deputación da Coruña, que se desenvolveu ao longo do mes de maio na Biblioteca Provincial. Este programa empezará ás 19.00 da tarde e a entrada é libre ata completar aforo.

 

Pequenos e pequenas de entre 7 e 12 anos serán as voces protagonistas deste programa no que compartirán o aprendido sobre María Victoria Moreno, dun xeito diferente, a través do medio radiofónico. Moreno é a figura sobre a que xirou o obradoiro, no que a mocidade participante achegouse á súa obra. Este proceso fíxose a través de dinámicas creativas que fomentaron a imaxinación  dos/das participantes e o seu interese pola obra da autora. Cómpre lembrar que María Victoria Moreno adicou a meirande parte da súa obra ao público infantil e xuvenil, publicando obras como `Leonardo e os Fontaneiros´ou `Eu conto, ti cantas´.

 

Para completar este percorrido pola obra da escritora, neste programa poderán escoitarse voces autorizadas na materia como a do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, a da autora Eli Ríos ou o primeiro gañador do I Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil, Antonio Fraga, entre outras.

 

Ademais, o programa contará coa presenza en directo da editora Andrea Jamardo responsable da colección `Mulleres Bravas´ de Urco Editora, proxecto que inclúe unha biografía dirixida á mocidade sobre María Victoria Moreno escrita por Eli Ríos e ilustrada por Eva Agra.

 

O Laboratorio de Radio, dirixido polos comunicadores Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, foi o proxecto promotor deste obradoiro e será o encargado da realización deste programa no que pequenos e pequenas serán os/as protagonistas ao poñer voz a un guión, feito por unha redacción nova con vontade de espallar a figura de María Victoria Moreno, a través da radio.

Detalles

Fecha:
11 mayo, 2018
Hora:
7:00 pm - 8:30 pm
Evento etiquetas:
, , , ,

Lugar

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Página Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca