Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (8ª ed.)

15 julio, 2020 - 31 agosto, 2020

Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu pobo, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental… calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!

Envía entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato e estén localizadas no teu concello, a biblioteca.info@dacoruna.gal xunto cos teus datos peroais. Consulta antes as bases completas con atención!

En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallará o premio. Tes ata o 31 de agosto para enviarnos a túa participación. Agardámoste!

 

Bases completas do concursoBases do concurso #hoxeescriboen 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Detalles

Comienza:
15 julio, 2020
Finaliza:
31 agosto, 2020
Etiquetas del Evento:
, , , , , , , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca