Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concurso #140enpositivo

2 abril, 2018 @ 8:00 am - 3 mayo, 2018 @ 5:00 pm

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca  a sétima edición do concurso “Palabras de amor: #140enpositivo”.

Dito concurso ten por obxetivo descubrir o talento literario, despertar a imaxinación dos lectores,  animar a compartir as súas creacións,  animar á lectura e dinamizar a Biblioteca.

  1. As mensaxes terán unha extensión entre140 e 280 caracteres, os espazos non contan.
  2. Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.
  3. As mensaxes poden ser escritas en galego ou castelán.
  4. Cada participante poderá entregar / enviar  como máximo 3 mensaxes ou composicións.
  5. As mensaxes deben ser inéditas, no caso contrario non poderían optar a formar parte dos posibles candidatos ós premios.
  6. Os traballos poden presentarse do seguinte xeito:
  • Enviando un correo electrónico(biblioteca.info@dacoruna.gal) co asunto #140enpositivo, e especificando a mensaxe e os datos persoais do autor (nome, apelidos e número de teléfono).
  • A través do noso Facebookcom/bibliodicoruna/deixando un comentario na entrada do concurso.
  • No Twitter ( @bibliodacoruna) , utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • No Instagram(@bibliodicoruna), utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • Deixando a túa mensaxe comentado na entrada da páxina web na que está publicada o concurso.
  • Deixando as mensaxes na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servicio de Información
  1. Os premios sepáranse en dúas categorías:
  • Categoría 1: Máis de 14 anos: no que se seleccionarán tres premiados.
  • Categoría 2:Menores de 14 anos: no que seleccionarán tres premiados.

De entre todos os traballos presentados, seleccionaremos por tanto, 6 gañadores ou gañadoras.

  1. O premios consisten en:
  • dúas tablets para os primeiros premios de cada categoría.
  • un lote de libros, música e películas para  os segundos premios de cada categoría.
  • un lote de productos promocionais da biblioteca para os terceiros premios de cada categoría.
  • Haberá un pequeno agasalloda Biblioteca Provincial para todos os que participedes.
  1. O prazo no que se pode participar no concurso é dende o 2 de abril ás 8:30 h ata o 3 de maio ás 20:30 h
  2. As persoas gañadoras serán notificadas por correo electrónico, teléfono, mail ou a través da rede social pola que participen. Deberán aceptar o premio e poñerse en contacto coa Biblioteca nun prazo de 24 horas dende a notificación. A aceptación do premio está unida a recollida presencial do mesmo na Biblioteca da Deputación da Coruña no día marcado para a entrega.
  3. A entrega de premios realizarase na Biblioteca da Deputación  da Coruña, coincidindo cos actos de celebración na Biblioteca das Letras Galegas 2018
  4. Os traballos que se presenten expoñeranse na Biblioteca  e difundiranse nas redes sociais propias da biblioteca e tamén nas da Deputación da Coruña.
  5. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, decisión que será inapelable
  6. As bases quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca, na páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.


Esperamos a vosa activa participación!

Toda a información do concurso en: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/140enpositivo/

 

Detalles

Comienza:
2 abril, 2018 @ 8:00 am
Finaliza:
3 mayo, 2018 @ 5:00 pm
Etiquetas del Evento:
,