Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

A ebibliodacoruna e o club de lectura dixital abertos

marzo 23 @ 8:00 am - abril 15 @ 5:00 pm

A Cultura é un dereito, pero aínda máis nestes días nos que todos estamos confinados sen máis recursos que os accesibles desde os nosos fogares. Por iso, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña queremos ser unha ventá aberta á lectura para toda Galicia. Como medida excepcional namentres dure o estado de alarma, podes darte de alta enviándonos esta SOLICITUDE cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal sexas de onde sexas de calquera punto de Galicia.

Terás acceso libre á nosa completa biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, con máis de 4.000 recursos gratuitos, así como a todas as actividades do Club de lectura virtual (lectura e comentario de libros, encontros con escritores, recomendacións doutros participantes, celebración de días especiais como o Día da poesía…).

Non é preciso ser socio de ningunha biblioteca, aínda que sí deberás formalizar este compromiso no prazo dun mes cando finalice o estado de alarma.

Agardámoste!

Detalles

Comienza:
marzo 23 @ 8:00 am
Finaliza:
abril 15 @ 5:00 pm
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca