Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

A Biblioteca no CULTURGAL 2019

30 noviembre, 2019 @ 11:00 am - 8:00 pm

A Biblioteca da Deputación estará o sábado 30 de novembro de 2019 promocionando o club de lectura dixital EbiblioDaCoruna no CULTURGAL 2019, a Feira das industrias culturais de Galicia, que se realiza no Pazo da Cultura de Pontevedra do 29 de novembro ó 1 de decembro.

O club de lectura dixital é unha ferramente única en Galicia, que permite que calquera lector de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña teña acceso a unha actividade lectora guiada por unha profesional, onde pode ler o libro, comentalo, interactuar co resto de participantes, chatear con escritores e escritoras en tempo real, e acceder a información extra para completar a lectura. Todo de xeito gratuito e sen horarios.

Entre as persoas que asistan á promoción da Biblioteca sortearemos un lector de libros electrónicos.

Máis información: A Biblioteca no CULTURGAL 2019

Detalles

Fecha:
30 noviembre, 2019
Hora:
11:00 am - 8:00 pm
Etiquetas del Evento:
, , , , , , , , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda s/n
Pontevedra, España
+ Google Map
Teléfono:
661 022 119