Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

23 de abril – Día do libro: Eu escribo na casa

1 abril, 2020 - 22 abril, 2020

Presentamos unha proposta de cara ao Día do Libro: este ano celebrarémolo redactando convosco un libro propio! Anímaste?

Agora que temos tempo, senta un rato a inspirarte e deixa vagar a túa imaxinación… Queremos ver como nacen relatos motivadores, de entusiasmo, de apoio, inspiradores, que nos axuden a pasar un bo intre, que nos dean azos e nos levanten os ánimos nestes momentos de illamento. Darnos alento mutuo é o que máis precisamos agora mesmo! Construamos xuntos ese libro con relatos de confinamento!

Participa enviándonos o teu relato entre o 1 e o 22 de abril a biblioteca.info@dacoruna.gal, ou a través das nosas redes sociais co cancelo #euescribonacasa (TwitterInstagram ou Facebook). Amósanos ese talentazo!

Para que non se fagan moi longos, propoñémosche unha extensión máxima de 500 caracteres. Condensa a túa creatividade! O bo, se breve…

Os relatos que recibamos irémolos compartindo nas redes sociais, e elaborando un libro que o día 23 publicaremos na EbiblioDaCoruna, de descarga libre, para que todos teñamos un recordo positivo de que nas peores circunstancias podemos sacar o mellor de nós. Agardamos o teu relato!

Detalles

Comienza:
1 abril, 2020
Finaliza:
22 abril, 2020
Etiquetas del Evento:
, , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca