#Euleoendixital

Publicado el

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña pon en marcha unha campaña de animación á lectura en dixital co lema #Euleoendixital.

Tendo en conta as estatísticas do Ministerio de Cultura que afirman que un terzo dos lectores len en soporte dixital, que máis do 39% das persoas que utilizan as bibliotecas públicas son lectores de contidos dixitais e que cada vez máis se está compatibilizando a lectura en papel coa lectura en dixital, a Biblioteca pon en marcha varias estratexias para satisfacer esta demanda e animar ós lectores a que se sumen a este xeito de acceder á información, á lectura e á cultura.

Esta campaña de animación á lectura en formato dixital consiste na publicación de pequenos vídeos de curta duración na que lectores reais destes contidos, de todas as idades, de diversas circunstancias laborais, e de variados intereses culturais, cóntannos como coñeceron este xeito de ler, se lles foi sinxelo aprender a utilizalo, se o recomendan a outras persoas…

A pioneira que comparte con todos nós a súa experiencia é Carmen, de 81 anos, que acude regularmente á Biblioteca e compatibiliza a lectura en papel coa lectura en dixital.


Video completo de Carmen en: https://youtu.be/DrDZZLNyFMc
Animámoste a ver este primeiro vídeo que inaugura a campaña, que nos demostra que este xeito de ler rompe coas barreiras físicas (non é preciso acudir á Biblioteca), económicas (e gratuíto e non implica inversión algunha) e temporais (os contidos están accesibles as 24 horas do día sen depender do horario de apertura da Biblioteca).

Por outra parte Carmen ensínanos que calquera persoa pode acceder, coma ela, a este xeito de lectura, para desfrutar de xeito autónomo dos contidos dixitais.

Se queres ser o seguinte e formar parte de este proxecto de dar visibilidade á lectura e ós libros, ponte en contacto con nós no correo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal.

Graciñas Carmen por romper o xeo e ensinarnos e falarnos dende a túa experiencia!

Lémbranos ademais que desde a Biblioteca estamos dispoñibles para solucionar calquera dúbida ou problema que xere a interacción coa plataforma e os formatos de lectura.

Atoparás este vídeo ademais doutros contidos de interese na nosa canle de YouTube da Bibliodicoruna: https://www.youtube.com/watch?v=DrDZZLNyFMc

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *