Eugenio F. Granell na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Publicado el

“Eugenio Fernández Granell nació en La Coruña en el año 1912, sin embargo a él le hubiera gustado que sucediese un año después. «Me gusta mucho el número 13. Para mí es un número de buena suerte. Yo no soy supersticioso. Como decía una amigo mío “yo no soy supersticioso porque eso trae mala suerte”. Cuando me enteré una vez que naciera en el 12, quedé muy fastidiado, me llevé un pequeño disgusto. No porque tuviese un año más, sino porque no había nacido en el 13. Pero luego sumé los números: 1, 9, 1 y 2. Dan exactamente 13. Eso me dejó muy satisfecho»”

Molina, César Antonio: Granell por sí mismo

 

 

Non é de estrañar que César Antonio Molina e Eugenio F. Granell (1912-2001) mantivesen unha relación epistolar intensa, xa que son moitas as facetas que lles unen: non só naceron na mesma cidade, senón que ambos foron políticos, escritores, xornalistas, directores de diversas publicacións e amantes da cultura e a liberdade.


A Granell tocaríalle vivir en tempos convulsos: dunha infancia sosegada na Coruña pasou a entrar en política debido as súas fortes conviccións trotskistas e, posteriormente, a ser combatente republicano nas filas do POUM, perseguido tanto polo exército fascista como polos seus propios camaradas, que abrazaron o Stalinismo. Finalmente, tivo que partir ao exilio pasando por diversos países (Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico e por último Estados Unidos). Non será ata 1985 cando regrese a España, falecendo en 2001 aos 88 anos.

Primeiro diario editado por Eugenio F. Granell

 

Granell declárase a si mesmo surrealista, entendendo como tal non unha técnica pictórica, senón un modo de pensamento que abarca todas as facetas da vida. Dentro dese marco, serán moitas as actividades nas que destaque: pintor, ilustrador, músico, xornalista, narrador e poeta foron algunhas das súas múltiples ocupacións. Personaxe de vangarda, será lembrado sobre todo polas súas obras pictóricas.

Na Sala de César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca Provincial atópanse, ademais de numerosas cartas entre Eugenio F. Granell e César Antonio Molina, varios libros dedicados por el, orixinais mecanografados e con anotacións manuscritas da infinidade de artigos que César Antonio Molina escribiu sobre Granell, catálogos das súas exposicións pictóricas, moitas delas dirixidas por Molina, correspondencia con outras persoas en relación a recoñecementos ao autor e, por suposto, unha ampla colección de obras literarias.

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *