EU♥UE: Conexión Europa 4.0

Publicado el

EU♥UE: Conexión Europa 4.0: Acción formativa en liña coa mocidade da provincia da Coruña impartida por Europe Direct A Coruña para a mocidade dos concellos da provincia da Coruña

Datas: Do 27 ao 31 de de xullo de 2020.

Horario: 11:00 a 12:15 horas.

Anótate DE BALDE en: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2020/euue-conexion-europa-40-accion-en-lina-coa-mocidade-da-provincia/

Progama:

27/07/2020: Oportunidades para a mocidade na UE

Interésache coñecer as oportunidades de mobilidade que tes ao teu alcance na Unión Europea? Pensaches alguna vez en ser voluntario/a europeo/a? Sabes como has de preparar o teu currículo para que te elixan? Eurodesk a rede de información xuvenil en Europa, dará a coñecer neste obradoiro recursos de información sobre a ampla oferta de oportunidades coa que conta a mocidade para achegarse a Europa. Relator: Eurodesk A Coruña – Asociación Ingalicia, Antonino Versace

28/07/2020: Eu, Europa

Escoitaches falar das oportunidades que a Unión Europea ofrece á mocidade. Como acceder a elas? Persoas mozas, que xa se subiron ó tren da mobilidade europea, cóntannos as súas experiencias en primeira persoa. Sobre voluntariado europeo, sobre as Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, sobre traballar ou facer prácticas nas Institucións europeas. Relatores/as: – Asociación Xeración, Francisco Sequeiro, coordinador de proxectos internacionais – IESP Pedra da Aguia (Camariñas), Jacobo Santos, xefe de estudos, coordinador do proxecto Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, centro educativo gañador do concurso Euroscola – Laura Sar, Andrea Rial e Noa Tedín: participantes no programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo no curso 2019/2020, no IESP Pedra da Aguia (Camariñas) e gañadoras do Primeiro Concurso de Ideas das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en Galicia – Europe Direct A Coruña, Cristina Villadóniga, técnica de asuntos europeos e antiga stagiaire da Comisión Europea – DG MARE

 

29/07/2020: Vivindo sen fronteiras
Imaxinas como sería vivir sen fronteiras? Coñece a experiencia da Eurocidade Chaves-Verín, un referente
na cooperación transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal. Neste obradoiro coñeceremos o que
supón esta cooperación para a mocidade da “Raia” e como repercute no seu día a día. Como viviu a
xente nova a etapa COVID-19 coa reintroducción dos controis fronteirizos?
Relatoras:
– Comisión Europea – Representación en España, Teresa Frontán, responsable do departamento
de comunicación
– Eurocidade Chaves-Verín, AECT, Nerea Pérez Adriano, técnica de proxectos europeos
30/07/2020: Eu fago Europa
Damos voz a persoas que traballan día a día construíndo Europa. Desde as súas institucións e desde a
sociedade civil. Ti tamén podes facer a Europa que queres. A opinión da mocidade pode cambiar o futuro
de Europa?
Relatores/as:
– Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, Eurodeputado
– Axencia Europea de Control da Pesca, Patricia Sánchez Abeal, Xefa de sector – Política e
comunicación
– Asociación xuvenil “Equipo Europa”, Pablo Gesteiro Lobeira, voceiro por Galicia
31/07/2020: EU vs. Desinformación
Queres coñecer o alcance da desinformación nas redes e medios sociais? Dispós das ferramentas para
detectar bulos? Neste obradoiro formativo sobre desinformación coñeceremos a acción da UE para atallar
a desinformación e presentaremos ferramentas para detectala
Relatora: Pekecha, Verónica Ramallal, CEO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *