Entrega do premio #hoxeleoen 2019 na Biblioteca Provincial da Coruña

Publicado el

O día 20 de setembro de 2019, ás 12:45 h. terá lugar na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña a entrega  do premio do concurso de animación á lectura #hoxeleen 2019 , que consiste nunha viaxe cultural a Londres.

O número resultante do sorteo foi o 4, que se corresponde coa fotografía do libro de Ángel María de Lera titulada “Se vende un hombre”, tomada na rúa Riego de Agua no Concello de A Coruña. A fotografía foi presentada a través do Facebook por Luis Enrique Veiga Rodríguez.

Así mesmo, todos os participantes recibirán nos vindeiros días, un agasallo tanto da Biblioteca Provincial coma da Sección de Turismo da Deputación da Coruña, pola participación no Concurso

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *