Encontro virtual con Pedro Feijoo no Club dixital EbiblioDaCoruna

Publicado el

Estas semanas estamos lendo «A memoria da choiva» de Pedro Feijoo, no Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna Club, ao que pode acceder calquera persoa usuaria da plataforma de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación, que é gratuita e de libre uso para todos os lectores das bibliotecas públicas municipais da provincia. O vindeiro 23 de maio remataremos esta apaixonante lectura. Se aínda non liches o libro, estás a tempo!

Ademais dámosche un aliciente, xa que grazas á boa disposición do autor, o vindeiro xoves 23 de maio ás 20:00 h teremos un ENCONTRO DIXITAL CON PEDRO FEIJOO, así que poderás preguntarlle pola trama, a mestura de realidade e ficción na novela, as súas fontes, curiosidades, dúbidas, próximos proxectos…

Animámoste a seguir o encontro o 23 de maio ás 20:00 h no EbiblioDaCoruna Club.

 

Como asistir ó encontro?

Se xa tes as túas claves da plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna, só tes que entrar no club aquí EbiblioDaCoruna Club, premer en seguir a sala de lectura «Arredor dos libros» e ir á pestana CHAT.

Se aínda non tes as túas claves, solicítaas! É ben sinxelo, só tes que remitirnos o formulario de solicitude cuberto a biblioteca.info@dacoruna.gal e recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico para establecer o teu contrasinal de acceso. Descarga o formulario aquí: Alta no préstamo electrónico Unha vez que teñas as túas claves, xa podes entrar no club aquí EbiblioDaCoruna Club, premer en seguir a sala de lectura «Arredor dos libros» e ir á pestana CHAT.

 

A pestana CHAT funciona como un grupo de calquera aplicación de mensaxería instantánea, por exemplo como un grupo de whatsapp. O formato é o mesmo. De tódolos xeitos, se tes dúbidas, podes escribirnos a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamarnos ao 981 080 176.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *