Encontro literario virtual con Ledicia Costas

Publicado el

Foto: ogalego.gal CC-BY-SA

 

Como sabes, no club de lectura virtual EbiblioDaCoruna estamos lendo e comentando estes días «Infamia», de Ledicia Costas. Grazas á colaboración da autora, anunciámosche que o mércores 25 de marzo ás 20:00 h teremos un encontro virtual con ela no Club, no que lle poderás plantexar dúbidas, cuestións, comentarios e sensacións que che deixou o libro.

Como entro no Club?

OPCIÓN A. Xa utilizo habitualmente a EbiblioDaCoruna.

Se xa es usuario ou usuaria da plataforma EbiblioDaCoruna, podes entrar directamente no club coas túas claves. Segue as indicacións  que atoparás ao acabar a OPCIÓN B que explicamos a continuación.

 

OPCIÓN B. Non son usuario/a da EbiblioDaCoruna.

Se aínda non empregas a plataforma EbiblioDaCoruna, segue os pasos que che indicamos a continuación:

1º Na seguinte ligazón atoparás a solicitude que nos deberás remitir cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal: SOLICITUDE DE ALTA e chegarache unha mensaxe ao teu correo electrónico para que establezas o teu contrasinal.

2º Unha vez que teñas as claves (o usuario é o teu correo electrónico, e o contrasinal o que estableceras no paso anterior), xa podes entrar no club AQUÍ

 

Como podo participar no encontro?

1º Inicia sesión no club coas túas claves (arriba á dereita).

2º Preme enriba da sala onde se está a ler Infamia, que se denomina «Arredor dos libros», e dalle a «Seguir».

3º Entra e preme na pestana «Chat». O día 25 ás 20:00 h estaremos todos conectados para comentar o libro no chat en directo. Ten as túas preguntas preparadas! O encontro estará conducido pola nosa moderadora Patricia, especialista en lingua e literatura galega e castelá.

 

Dúbidas…

Se tes dúbidas sobre o funcionamento do club, podes atopar máis información aquí

E unha guía rápida do club aquí

Se aínda non liches o libro e queres asistir ao encontro, non te preocupes! Podes tomalo prestado desde o propio club, na pestana «Lecturas», e lelo de aquí ao mércores. Non te preocupes que che da tempo, engancharate e non o poderás soltar!

 

E se tes calquera outra cuestión, non dubides en preguntarnos escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *