Encontro literario virtual con Inma López Silva

Publicado el

 

O encontro

Como sabes, no club de lectura virtual EbiblioDaCoruna estamos lendo e comentando estes días «Aqueles días en que eramos malas», de Inma López Silva. Grazas á colaboración da autora, anunciámosche que o mércores 18 de novembro ás 20:00 h teremos un encontro virtual con ela no chat do Club, no que lle poderás plantexar dúbidas, cuestións, comentarios e sensacións que che deixou o libro.

Como entro no Club?

OPCIÓN A. Xa utilizo habitualmente a EbiblioDaCoruna.

Se xa es usuario ou usuaria da plataforma EbiblioDaCoruna, podes entrar directamente no club coas túas claves. Segue as indicacións  que atoparás no apartado que aparece máis abaixo «Como podo participar no encontro?»

 

OPCIÓN B. Non son usuario/a da EbiblioDaCoruna.

Se aínda non empregas a plataforma EbiblioDaCoruna, segue os pasos que che indicamos a continuación:

1º Na seguinte ligazón atoparás a solicitude que nos deberás remitir cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal: SOLICITUDE DE ALTA e chegarache unha mensaxe ao teu correo electrónico para que establezas o teu contrasinal.

2º Unha vez que teñas as claves (o usuario é o teu correo electrónico, e o contrasinal o que estableceras no paso anterior), xa podes entrar no club AQUÍ

 

Como podo participar no encontro?

1º Inicia sesión no club coas túas claves (arriba á dereita).

 

2º Preme enriba da sala onde se está a ler Aqueles días en que eramos malas, que se denomina «Arredor dos libros», e dalle a «Seguir».

 

3º Entra e preme na pestana «Chat». O día 18 ás 20:00 h estaremos todos conectados para comentar o libro no chat en directo. Ten as túas preguntas preparadas! O encontro estará conducido pola nosa moderadora Patricia, especialista en lingua e literatura galega e castelá.

 

Dúbidas…

Se tes dúbidas sobre o funcionamento do club, podes atopar máis información aquí

E unha guía rápida do club aquí

Se aínda non liches o libro e queres asistir ao encontro, non te preocupes! Podes tomalo prestado desde o propio club, na pestana «Lecturas», e lelo de aquí ao día 18.

 

E se tes calquera outra cuestión, non dubides en preguntarnos escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *