Encontro literario con César Antonio Molina

Publicado el

César Antonio Molina volve visitarnos o mércores 20 de febreiro entre as 5 e as 7 da tarde, no marco da Semana de Rosalía para falar entre outras cuestións literarias sobre a súa obra Tan poderoso como el amor, e quizais tamén a darnos unha idea do seu último libro: Las democracias suicidas y otros escritos de política. A entrada ao evento é libre. Esperámosvos na Sala César Antonio Molina – Mercedes Monmany, no segundo andar da biblioteca.

 

 

Sobre o libro:

 

Tan poderoso como el amor toma o seu título dun verso do Cantar dos cantares: “Porque es fuerte el amor como la muerte”. O libro é unha meditación filosófica sobre a vida e a morte, tomando como escusa o cinema.

 

Ao longo dun delicado e exhaustivo exame de máis de cen películas, César Antonio Molina medita sobre a vida, o amor e a morte cunha mestría incrible, deixando constancia da alta bagaxe cultural que lle caracteriza, porque nada na cultura é alleo ao interese do escritor: non se cingue unicamente á sétima arte, senón que, na súa probada capacidade para interrelacionar diferentes disciplinas, aborda múltiples aspectos da filosofía, a literatura, a pintura e a arte en xeral.

 

É a obra dun esixente cinéfilo que viu e escolleu con esmero as películas que se propón desentrañar, pero tamén dun estudioso do cinema, dun crítico que sabe esclarecer cada unha das escenas a ollos menos expertos. E con todo, é en todo momento un libro literario, que se le con facilidade, no que César Antonio Molina expón o seu testemuño persoal e íntimo e cuxa lectura se achega máis á lírica e a poesía que ao estilo ensayístico dun crítico de cinema.

 

 

“Grábame como un sello en tu brazo, como un sello en tu corazón,

porque es fuerte el amor como la muerte, es cruel la pasión como el abismo;

es centella de fuego, llamarada divina;

las aguas torrenciales no podrán apagar el amor ni negarlo los ríos.”

Cantar de los cantares

 

Consulta aquí o programa completo da Semana de Rosalía na Biblioteca Semana de Rosalía

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *