Encontro coa autora Inés Fernández Lamela

Publicado el

No CLUB DE LECTURA dos xoves estamos lendo a obra “Mis hijas me devolvieron la vida” de Inés Fernández. Unha desgarradora historia real sobre a violencia machista e o maltrato.

O día 16 de maio entre as 17:30 e as 19:00 teremos un encontro coa autora na Sala César Antonio Molina da Biblioteca Provincial

 

En “Mis hijas me devolvieron la vida” Inés Fernández Lamela relátanos unha relación matrimonial que empeza o 14 de abril de 1984 cando casa “emocionada e chea de ilusión” ata o 28 de marzo de 2011 no que o seu marido tenta matala no garaxe da súa casa.

Durante estes veintesiete anos sofre uns malos tratos físicos e psicolóxicos que cada vez é máis grave porque xa non lle afectará só a ela, senón tamén ás súas fillas. No medio destas dúas datas hai vivencias moi duras nas que se mesturan a chantaxe emocional, o amor, o desexo de manter unha imaxe de familia feliz e, sobre todo,o medo. Pero tamén está presente a valentía das súas fillas que nunca aceptan esta situación e fan súa a loita lla súa nai. Desde o título xa nos di que, grazas a elas, volveu nacer.

O libro está dispoñible no noso fondo coa signatura GAL/17233 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *