A falta dunhas horas para que comece unha nova campaña electoral, ofrecémosvos unha serie de títulos de cinema, cómics e literatura sobre este tema dispoñibles de entre os fondos da Biblioteca.
Dende clásicos como El Político (1949) ou Todos los hombres del presidente (1976), ata as recentes series de televisión: Borgen (2010) e House of Cards (2013), que nos mostran un mundo de ambicións, traizóns, intriga e moita acción.
Cinema norteamericano e europeo, xunto con biografías de políticos do século XX como Nelson Mandela, Gorbachov e Malcom X entre outros, conforman esta exposición da sala Fonoteca.
Gozade do cinema e lembrade: a realidade supera a ficción!