El tesoro del cisne negro ou cando España recuperou o seu patrimonio.

Publicado el

Fai moi pouco que Paco Roca, Premio Nacional do Cómic, publicou a súa última obra El tesoro del cisne negro, unha historia de aventuras en homenaxe a Tintín, pero baseada nos feitos reais do caso Odyssey, felizmente resolto grazas ó Ministerio de Cultura, que dirixía naquela época César Antonio Molina, e para o que traballaba como diplomático Guillermo Corral van Damme, coautor do libro.

A trama  ten todo o necesario para unha boa historia de aventuras e piratería: ataques por sorpresa, barcos afundidos, tesouros no fondo do mar, espías e unha boa dose de política logran crear un thriller que ben merecía levarse ao cómic ou mesmo á pantalla e xa se está a rodar unha miniserie baseada no caso que veremos proximamente na pequena pantalla.

No ano de 1804, o galeón español Nuestra Señora de las Mercedes é atacado por catro buques de bandeira inglesa, que tentan apresar a súa carga. Ao negarse o comandante do navío á súa entrega, comezou unha batalla a canonazos na que morreron máis de 300 persoas e que rematou co casco do galeón a máis de 1000 metros de profundidade, co seu cargamento de case 600.000 moedas de ouro e prata. Este afundimento será o que faga que España se alíe con Francia contra os ingleses na posterior batalla de Trafalgar.

Con todo, a historia non remata aquí. En 2007, a empresa estadounidense Odyssey Marine Exploration, dedicada á procura de tesouros submarinos anunciou o achado dun tesouro de 17 toneladas de moedas de ouro e prata, valorado en 385 millóns de euros, en augas internacionais. O achado será bautizado co nome Black Swan Project (Proxecto do Cisne Negro). O goberno español empezou a sospeitar que aquelas moedas formaban parte do seu patrimonio e así comeza a segunda parte desta historia de aventuras: a batalla legal nos despachos e tribunais por recuperar o tesouro, o patrimonio perdido e a dignidade nacional.

No arquivo persoal conservado na Sala de César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca consérvase moita documentación relacionada co caso, que salpicou directamente ao Ministerio de Cultura: entrevistas a César Antonio Molina sobre o caso, dossieres de prensa facendo un seguimento de cada un dos pasos que se deron en defensa do noso patrimonio e mesmo documentos confidenciais entregados polo CNI a César Antonio Molina como máximo responsable na recuperación do tesouro expoliado.

2 thoughts on “El tesoro del cisne negro ou cando España recuperou o seu patrimonio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *