El asesino tímido de Clara Usón: novo libro de lectura no EbibliodaCorunaClub

Publicado el

Dende hoxe e ata o 4 de decembro estaremos lendo o libro «El asesino tímido» de Clara Usón, no club «Compartiendo lecturas» 

Sinopse: Trátase dunha novela baseada no caso real da polémica morte de Sandra Mozarovski, actriz do destape na España dos anos setenta. O asasino tímido é unha novela ambientada na España da Transición que conta unha historia baseada no escuro episodio da morte de Sandra Mozarovski, actriz do cinema do destape, que supostamente se suicidou. Filla dun diplomático ruso e relacionada coas máis altas esferas, o seu caso nunca chegou a esclarecerse e conmocionou á sociedade española dos anos setenta. Este dramático episodio sérvelle á narradora para dar conta da súa propia mocidade desenfreada durante os anos oitenta, da complexa relación coa súa nai e da vida de tres personaxes inesperados: Camus, Wittgenstein e Pavese.

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

 

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *