Edición facsimilar do libro das Cortes Constituintes da Segunda República Española (1931)

Publicado el

 

 

Entre os numerosos volumes curiosos que poden ser consultados na sala do segundo andar da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, dedicada á biblioteca de César Antonio Molina e Mercedes Monmany, temos unha edición facsimilar do libro das Cortes Constituintes da Segunda República Española.

 

 

 

Nesta obra aparecen fotografados os deputados do parlamento, pero tamén os deputados por cincunscricións, en que atopamos a personaxes tan coñecidos coma Antón Vilar Ponte  na Coruña, Castelao en Pontevedra ou Ramón Otero Pedrayo en Ourense, entre outros.

 

 

 

 

O documento orixinal pertence aos fondos bibliográficos do Patronato Niceto Alcalá-Zamora e Torres, que xunto coa Universidade de Córdoba e a Delegación de Cultura da Deputación de Córdoba colaboraron nesta nova posta a disposición do público dun texto básico para o coñecemento desta páxina da nosa historia.

 

 

 

O 14 de abril de 1931 proclámase a Segunda República Española, tras unas eleccións municipais nas que gañan os partidos republicanos. Tras un intenso traballo constitucional apróbase unha Constitución cunha redacción clara e directa, poucas concesións á literatura xurídica e coa intención de establecer un réximen de liberdades para o desenvolvemento democrático das actividades familiares, laborais, sociais e humanas dos cidadáns. Todos os avances vividos no lustro republicano están incluidos no texto constitucional, base para unha posible modernidade que remata o 18 de xullo de 1936 co inicio da tráxica Guerra Civil.

 

 

Animamos a todos os nosos visitantes e usuarios a coñecer este documento porque, como dicía o poeta e filósofo español  Jorge Agustín Nicolás Ruiz de Santayana y Borrás: “Quen esquece a súa historia está condenado a repetila”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *