EBIBLIODACORUNA

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña.

Unha biblioteca dixital gratuita que podes levar contigo nun só click e sen ter que desprazarte á biblioteca.

          DATE DE ALTA

 

A EBIBLIODACORUNA: 

 

Permite acceder ao catálogo e realizar o préstamo de obras en formato dixital para poder lelas en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, computadores persoais ou lectores de libros electrónicos compatibles con DRM de Adobe.

Onde a encontro?

Requisitos de alta

Modos de lectura

Funcionamento do préstamo de contidos dixitais

 

Onde a encontro?

A EBIBLIODACORUNA está xestionada pola Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Na rede podes encontrala no enderezo https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac/

 

Biblioteca Dixital EBiblioDaCoruna

Fisicamente encóntrase localizada en R/ Riego de Agua 37, 15001 na Coruña.

 

Para dúbidas ou consultas sobre o funcionamento podes contactar con nós no enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal e tamén no teléfono 981 080 176.

 

Requisitos de alta

Para poder utilizar a biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA é necesario uns requirimentos mínimos:

  1. Ter cando menos 15 anos.
  2. Ser usuaria/o de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña
  3. Dispor dun enderezo electrónico.
  4. Ter un ou máis dispositivos pra ler (ordenador personal, teléfono móbil, tableta ou lector de libro electrónico).

QUERO DARME DE ALTA

 

Modos de lectura

Unha vez inscrito recibirás unha mensaxe de correo electrónico para establecer o teu contrasinal e, a partir dese instante, poderás gozar da totalidade dos servizos que ofrece EBIBLIODACORUNA. Tes diferentes maneiras de facer uso da biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA

1. En Streaming

Visualización dos contidos en tempo real, sen necesidade de descarga a través de calquera dispositivo.

É posible ler os teus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do teu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos.

Para iso, só é necesario iniciar sesión no apartado “Conta”, identificarse co correo electrónico e contrasinal, e unha vez dentro da EBIBLIODACORUNA buscar o contido desexado e pulsar sobre o botón “Ler” que aparece xunto a cada un dos contidos dixitais.

Poderás consultar o catálogo completo da EBIBLIODACORUNA no enderezo https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac/

 

CÓMO LER / ESCOITAR MÚSICA OU VER PELÍCULAS EN LIÑA NA EBIBLIODACORUNA

2. A través das App da Biblioteca

As APP da EBIBLIODACORUNA permítenche prestar contidos dixitais de EBIBLIODACORUNA no teu teléfono intelixente ou tableta, navegar polo catálogo da biblioteca, pedir prestados documentos ou poñelos en espera, descargar e devolver títulos, así como tomar notas, poñer marcadores e moito máis. A través da APP de lectura para tabletas e teléfonos intelixentes dispoñible para IOS e Android, Windows 8 & 10, Windows Phone e Windows (versión escritorio).

Características

A aplicación de lectura OdiloAPP permite tomar en préstamo calquera título dispoñible no catálogo da biblioteca e descargalo ao dispositivo móbil nun só clic.

A aplicación está optimizada para dispositivos Android e iOS  Windows 8 & 10, Windows Phone e Windows (versión escritorio) e mellora a experiencia do usuario grazas á súa interface sinxela e fácil de usar.

Desde a app poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler en liña e descargar libros para ler sen conexión a internet.

O lector que inclúe a aplicación permite personalizar a lectura cambiando o tipo, tamaño e espazo da letra. Ademais permite axustar o brillo da pantalla e seleccionar a cor do fondo.

Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto en que a deixaches.

Descarga a aplicación

A aplicación da EBIBLIODACORUNA (ODILO APP)  está dispoñible de xeito gratuito nas seguintes tendas de aplicacións: APP Store Google Play.

Despois de descargala e instalala, necesitarás activala no teu dispositivo: selecciona a biblioteca á que pertences (Deputación da Coruña) e introduce o eu email e contrasinal co que realizaches a alta.

 

CÓMO LER EN ELECTRÓNICO NO TEU MÓBIL COA ODILOAPP PARA ANDROID E IOS DA EBIBLIODACORUNA

 

 

3. Lectura mediante descarga nun e-reader

Neste caso, precisas configurar unha conta Adobe ID e instalar no teu dispositivo a aplicación Adobe Digital Editions.

CÓMO DESCARGAR E INSTALAR ADOBE DIGITAL EDITIONS

Como descargar un libro dixital a un eReader:

Os pasos para descargar, transferir e ler un libro dixital no teu eReader dependerán do modelo do teu dispositivo e de se este posúe conexión a internet ou non. Para transferir libros dixitais a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM, debes autorizar estes dispositivos para o teu Adobe IDE a través de Adobe Dixital Editions.

Lembra que o teu dispositivo ha de ser compatible coa tecnoloxía Adobe DRM.

1. Inicia a aplicación Adobe Dixital Editions. (Instrucións e titorial)

2. Conecta o dispositivo ao ordenador persoal. Para iso utiliza o cable e as instrucións de conexión fornecidas polo fabricante do dispositivo.

3. Se o dispositivo é compatible con Adobe DRM, Adobe Dixital Editions detectarao automaticamente e mostrarao nos apartado “Dispositivos” da xanela principal (titorial)

4. Selecciona o dispositivo no menú “Dispositivos” de Adobe Dixital Editions:

a. No menú “Dispositivos” preme sobre “Opcións do dispositivo” e selecciona a opción “Autorizar dispositivo”.

b. Adobe Dixital Editions mostrará unha xanela con información sobre a autorización.

c. Ao premer no botón “Autorizar dispositivo”, Adobe Dixital Editions conectarase brevemente a internet para comprobar os teus datos e, se son correctos, mostrará unha mensaxe de confirmación indicando a conta Adobe IDE á que quedou vinculado o dispositivo.

COMO LER LIBROS ELECTRÓNICOS NO TEU LECTOR

 

 Funcionamento do préstamo de contidos dixitais 

 

Para localizar os recursos do teu interese no catálogo  podes buscar os materiais nos carruseis (desprazándote lateralmente ou despregándoo pulsando no +), por materias (no menú despregable) ou no buscador que permite a busca por título, autor, ISBN ou ben mediante filtros de temáticas especiais.

 

Para acceder ó servizo tes que introducir o usuario e o contrasinal facilitados, ou acceder á aplicación no teu dispositivo móbil.

Préstamo

É posible tomar contidos dixitais en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

  • Podes tomar en préstamo ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso. Para os libros dixitais o prazo máximo é de 21 días, as revistas 1 días, as películas 3 días, os xornais 2 horas, os audios e contido educativo 21 días. Sen posibilidade de renovación.

Devolución

  • Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o contido deixará de ser accesible dende os teus dispositivos.
    Non poderás renovar en préstamo o mesmo título ata que transcorra 1 día dende a devolución.
    É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:

    • Non descargaras o libro dixital mediante Adobe Digital Editions.
    • Non efectuaras máis de dúas devolucións anticipadas nos últimos 21 días.

Reserva

Se o título do teu interese está prestado, poderás reservalo para gozar del cando estea dispoñible:

  • Seguirase a orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de dous conidos dixitais de forma simultánea.
  • Os contidos dixitais admitiren un máximo de cinco reservas por exemplar.
  • No momento en que o contido dixital estea dispoñible e che corresponda por orde de petición, recibirás unha mensaxe de correo electrónico cun enlace para confirmar o préstamo:
    • Disporás de 48 horas para confirmar o préstamo, transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.
    • En caso de que no momento de activarse a reserva tiveses en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirás a mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.

Por favor, comproba a túa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erróneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, poderías perder a túa reserva.

Se precisas máis axuda podes premer na seguinte ligazón: http://www.tuodilotk.es/ayuda/odilotk/otk_es/introduccion.htm

 

Díptico PDF: EbibliodaCoruna Biblioteca da Deputacion da Coruna

DIPTICO INFORMATIVO:

Manual de uso da EBIBLIODACORUNA:
Para calquera dúbida, podes enviarnos unha mensaxe de correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamarnos ao 981 080 176.