EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR

EBIBLIODACORUNA Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todos os usuarios lectores das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero formar parte da Biblioteca Dixital EBIBLIODACORUNA (Date de alta aquí), que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

O club divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán, coa seguinte programación para o último semestre de 2019:

 

Club Compartiendo lecturas:

  • “El museo de la inocencia”, do Premio Nobel Orhan Pamuk. Comeza o 1 de outubro.
  • “El verano sin hombres”, da Premio Princesa de Asturias Siri Hustvedt. Comeza o 19 de novembro.

 

Club Arredor dos libros:

  • “Elisa e Marcela” de Narciso de Gabriel. Comeza o 31 de outubro.
  • “Contos de Santos e Nadal”, de Ramón Otero Pedrayo. Comeza o 5 de decembro.

 

Os debates seguen unha programación e cada título está moderado por unha persoa cualificada e con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura, e supervisado polo persoal técnico da Biblioteca Provincial.  O club e as súas lecturas están interconectados coa nosa colección de libros electrónicos. As lecturas estarán sempre dispoñibles para que as podas descargar dende a plataforma do libro electrónico

¿Úneste?

 

Manuel Rivas fala para EbiblioDaCoruna Club Lector animándonos a todos a participar, xa que compartir as nosas lecturas é compartir os nosos soños:

 

Pedro Feijoo fala para EbiblioDaCoruna Club Lector agradecendo o interese pola literatura:

 

  1. Cómo acceder a EbibliodaCoruna Club Lector.

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requerimentos:

Se as cumpres, accede ao club lector nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

Identifícate coas túas claves da EBIBLIODACORUNA  no apartado “Iniciar sesión”:

Se non as lembras, podes recuperalas nun momento desde o apartado de identificación na EBIBLIODACORUNA 

  1. Cómo unirte a un club

Na páxina de inicio tes os dous clubs dispoñibles. Debaixo de cada un dos clubes tes un botón de “Seguir”. Elixe aquel que queiras seguir e preme. Automáticamente pasará a aparecer o símbolo que indica que xa estás no club.

Se queres ver a información e as lecturas do club antes de decidir se queres seguir ese club ou non, podes pulsar encima da portada de cada club para despregar a información.

Unha vez dentro da sala de lectura podes encontrarte o seguinte:

  • Pestana Información

Nesta pestana de información atoparás unha somera descrición do club e a información necesaria para o seguimento do club e para prestar o libro. Ademáis, tamén tes o contacto para facernos chegar as túas dúbidas respecto ao funcionamento da plataforma.

  • Pestana de Lecturas – Cómo prestar e ler o libro

Na pestana de Lecturas podes ver a descrición do libro que se está lendo nese momento no club, ver qué outros libros se van ler, e podes prestar o libro desde o botón “Prestar”:

Unha vez que premas en Prestar, vas ter a opción de “Leer” (en liña) ou “Descargar” (para descargalo no teu dispositivo e ler sen conexión a Internet).

En adiante, a lectura sincronízase coa EbibliodaCoruna, polo que cando queiras ler este libro podes facelo entrando na páxina web do Club, ou ben na páxina web da EbibliodaCoruna, ou ben na Odilo App se a tes instalada nos teus dispositivos.

  • Pestana Actividad

Nesta pestana, que só é informativa, atoparás un resumo de toda a actividade que tivo o club, nunha liña temporal: comentarios, participación no chat, fitos temporais que estableza o moderador, etc. Podes elixir ver a actividade de todo o club, ou ben dunha lectura en concreto, seleccionando no despregable.

  • Pestana Foro

Aquí a persoa que modera o club abrirá diferentes conversas ou fíos. Deste esta pestana podes ver todos os fíos que abreu sobre a lectura.

  • Pestana Citas

Nesta pestana podes engadir citas do libro que che parezan interesantes. Para facelo, cando estés lendo no teu dispositivo, selecciona a frase que queiras compartir. Automáticamente che sairá a opción de “Compartir”.

  • Pestana Chat

Nesta pestana pódese conversar de xeito informal con todos os participantes, ou ben con un en concreto. Habitualmente úsase para comentar cuestións á marxe dos fíos que o moderador abre na pestana “Foro”. Recomendacións doutras lecturas, experiencias con outras obras similares ou do mesmo autor… Todo aquelo que teña que ver co club e nos apeteza compartir co resto de lectores.

  • Pestana Estadísticas

Nesta pestana poderás controlar a porcentaxe que levas lida do libro e o tempo invertido na lectura.

 

Recordamos que para participar nas lecturas en línea é necesario ser socio da biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA.

Se xa formas parte da EBIBLIODACORUNA entra no club https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/ e únete con nós ás lecturas.

 

Máis información : biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 081 176

 

Guía breve EbibliodaCoruna Club Lector

 

A coordinadora do club Patricia Cernadas comenta a experiencia do Club: