Dónde la luz llora luz de Antonio Colinas e José Noriega

Publicado el

 

No segundo andar da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, na sala reservada para a biblioteca de César Antonio Molina e Mercedes Monmany, pódense consultar e desfrutar xoias bibliográficas coma a edición príncipe de Dónde la luz llora luz de Antonio Colinas e José Noriega.

Desta primeira edición fixéronse 100 copias venais, sendo a 24 a que forma parte da nosa colección.

O motivo desta tan especial edición, levada a cabo no taller da Editorial El Gato Gris, foi o acto inaugural da Vila do Libro de Urueña, obra da Deputación Provincial de Valladolid. [https://www.elnortedecastilla.es/20070315/valladolid/primera-villa-libro-espana_200703151655.html].

 

 

Sobre a Vila do Libro de Urueña tendes máis información no monográfico que se fixo en Argaya : Revista de Cultura, n. 36 (2007), que podedes consultar na hemeroteca [Nº na colección hemerográfica: 782]

O libro do que falamos fíxose a partir do poema ¿Conocéis el lugar? de Antonio Colinas, para o que, José Noriega creou catro grabados – xilografías sobre fondo infográfico – que levan o título Sobre la luz, e dos serigrafías para portada e contraportada.

 

O poema e a obra gráfica editáronse sobre papel de trapo con marca de auga. A estampación infográfica realizouse con pigmentos grantizados por cen anos contra o deterioro lumínico. As xilografías orixinais talaronse sobre soporte de carballo: en madeira de cerdeira, ébano, Nogueira africana, umeiro, faia e arce.

Poema e gravados gardáronse nun estoxo con alma de sapelli. Na estampación da portada utilizouse pigmento térreo recollido en Ureña.

O exemplar esta firmado polos autores.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *