Doazón de publicacións

A Biblioteca da Deputación da Coruña oferta periódicamente unha relación de publicacións duplicadas ou que poden ser de interese para as bibliotecas municipais, que comprenden materiais como libros, películas, música, revistas ou videoxogos, para ser doadas ás bibliotecas dos concellos da provincia da Coruña que teñan interese nas mesmas e que así o soliciten cando se remite a relación.

Tamén se lles envían tódalas publicacións que edita a Deputación Provincial.

Máis información no 981.080.176 ou no correo biblioteca.info@dacoruna.gal