Día Internacional dos Arquivos 2020

Publicado el

Feliz Día Internacional dos Arquivos!

Hoxe 9 de xuño, conmemórase o Día dos Arquivos, implantado internacionalmente pola ONU en conmemoración do establecemento do ICA, o Consello Internacional dos Arquivos, que naceu tal día coma hoxe baixo o paraugas da UNESCO en 1948. Desde o 2008 en que comezou a celebrarse, o Día utilízase para dar a coñecer os arquivos e facilitar o acceso a eles, os beneficios de contar con un arquivo ben organizado e a súa importancia para a nosa identidade e para ser unha sociedade formada e informada. Polo que con  motivo desta celebración queremos invitarte a que te achegues a un, e descubras por ti todo o que poden ofrecerche. Aquí atoparás actividades que celebran os arquivos por toda Galicia para que poidas coñecelos mellor: preme aquí

No noso caso, aínda que somos unha Biblioteca, nela atópanse fondos persoais moi destacados, e falarémosche dun dos máis relevantes e máis demandados polos investigadores.

Na Biblioteca Provincial da Deputación de A Coruña atópase o fondo Canuto Berea, composto tanto pola documentación do seu arquivo privado como por unha colección de máis de 27.000 partituras que, pola súa relevancia, recibe continuamente a consulta de investigadores.

Nesta colección destaca polo seu interese a partitura orixinal da Alfonsina, muiñeira sinfónica que Canuto Berea dedicou ao Rey Alfonso, e que Nilo García Armas, músico e un dos investigadores máis destacados do fondo Canuto Berea, revisou, e que foi interpretada pola Banda Municipal de Música de A Coruña dirixida por Juanjo Ocón, con motivo da homenaxe á celebración do 9º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, na praza das Bárbaras o 27 de xuño de 2018.

É unha satisfacción poder ver ao público desfrutar dun importante documento arquivístico e musical saído da Biblioteca que é patrimonio de todos e todas as coruñesas.

 

 

Programa do concerto:


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *