Día Mundial da Poesía na Biblioteca

Publicado el

O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, proposto e aprobado pola UNESCO en París en 1999. Esta decisión da UNESCO tivo como principal obxectivo apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética, e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades.

Este ano conmemoramos este día dun xeito un pouco atípico debido ás circunstancias de confinamento por mor do Coronavirus. Sen embargo, desde a Biblioteca Provincial da Deputación non deixamos pasar a oportunidade de celebrar este día a través de diferentes iniciativas.

 

LER POESÍA NA EBIBLIODACORUNA

A través da plataforma de autopréstamo dixital EbiblioDaCoruna podes acceder de balde a 232 títulos de poesía, fundamentalmente en castelán e galego, tanto clásicos da nosa literatura como libros recén publicados de poetas actuais. Animámoste a descubrir algún que aínda non tiveras a oportunidade de coñecer.

COMENTAR POESÍA NO EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR

Entra, comparte, le, comenta, as túas poesías favoritas e as do resto de participantes no Club EbiblioDaCoruna. Como di Manuel Rivas, compartir a lectura é compartir os soños. A poesía é unha das formas literarias máis evocadoras que nos brinda a nosa linguaxe. Aproveita a oportunidade de compartir a túa experiencia a través do club virtual.

ESCOITAR POESÍA DE CÉSAR ANTONIO MOLINA

Entre outras iniciativas a prol da poesía que se realizan hoxe, sete autores escriben poemas para o ABC nunha acción de «Poemas contra o virus». Entre eles, César Antonio Molina, autor do que dispoñemos da súa biblioteca na Biblioteca Provincial e que recentemente acaba de publicar «Para el tiempo que reste». Lembra que podes ler todo o contido desta iniciativa no ABC de hoxe, que está completo en aberto e de balde, igual que todos os días, a través da plataforma EbiblioDaCoruna.

Ademáis, César Antonio Molina quixo compartir con todos nós este poema que él mesmo nos recita, que non pode ser máis axeitado para estes días que vivimos. Podes velo no noso Youtube ou aquí:

COMPARTIR POESÍA NAS REDES

Estes días de confinamento non esquezas que estamos todos conectados a través da rede. Nós seguimos recomendándoche un título ao día da nosa biblioteca dixital, para que podas acceder desde a casa, e difundindo contidos culturais accesibles en aberto. Estes días participamos tamén na campaña #ElQuijoteSeQuedaEnCasa para encher as redes de literatura. No día da Poesía, tamén compartiremos algúns poemas nas nosas redes sociais, e animámoste a facer o mesmo. Nestes días a rede é a venta ao mundo, participa e comparte! Ligazóns ao noso Twitter, Instagram e Facebook.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *